Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en marcha unha ampla programación de primavera no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
Desde mañá e ata o mes de xuño ofreceranse nas fins de semana obradoiros creativos e interactivos, xogos de orientación ou ‘escape rooms’
A Xunta participa na Coruña na primeira xornada dedicada á formación e a mentoría da mocidade galega na industria musical
O proxecto O camiño do emprendemento musical compaxinará eventos presenciais e mentorías con artistas e profesionais do sector dirixidos ás mozas e mozos galegos que estean a barallar este campo como unha saída profesional
Lara Meneses visita Bruxelas para afondar no traballo da Unión Europea en materia de xuventude
A directora xeral de Xuventude mantén encontros con representantes de distintas institucións sobre voluntariado, integración da mocidade no contexto europeo e o programa de mobilidade do Interrail
A Xunta enxalza o papel de AJE Galicia e a colaboración con esta entidade na retención do talento mozo e no pulo á remuda xeracional do tecido empresarial
José González destacou a Estratexia Mocidade Activa que inclúe apoios á contratación como os programas abertos Investigo (4,8 M€) e Galicia Emprega Moz@s (3,5 M€) ou o de primeira experiencia profesional (6,3 M€), que se lanzará en próximas semanas
Belén do Campo anima ás entidades de acción voluntaria a solicitar as axudas do programa de servizo de voluntariado xuvenil co prazo aberto ata o 17 de febreiro
A delegada da Xunta reuniuse con representantes Asdegal (Acción Solidaria de Galicia ONG de Voluntariado) para coñecer os seus proxectos e iniciativas e trasladoulles o apoio do Goberno galego para seguir colaborando con esta ONG
A Xunta abre o prazo do premio de relato curto ‘Nortear’ para obras escritas en galego ou portugués
Dotada con 3.000 euros, a iniciativa está impulsada xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
A Xunta recibe máis de 1.300 solicitudes no primeiro día para pedir o Bono Emancípate destinado á mocidade
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten en marcha esta liña de apoio para sufragar os primeiros gastos do fogar, como a compra de mobiliario e outros artigos
A Xunta reforza o compromiso coa empregabilidade da mocidade subindo a preto de 6,3 M€ o orzamento de 2025 do programa de 1ª experiencia profesional
A acción forma parte da batería de medidas destinadas á forza laboral interna, chave para cubrir as demandas do tecido produtivo xunto a un plan de captación de talento que inclúe feiras de emprego na Arxentina (6 e 7 de marzo) e O Uruguai (10 de marzo)