Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 37.726 novas:

16/07/2026 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue visita Cortizo e asegura que “o futuro pasa pola construción industrializada das vivendas”

Allegue destacou a traxectoria de máis de 50 anos deste grupo empresarial, do que destacou que está presente en moitas das obras de vivenda pública da Xunta a través do deseño, fabricación e distribución de sistemas de aluminio

16/07/2026 | 13:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta achégalle os oficios artesanais á xuventude a través do campamento de verán ‘Arte nas mans’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse hoxe ata a segunda edición da iniciativa que se está a desenvolver en Allariz, dirixida a persoas de entre 18 e 30 anos

16/07/2026 | 13:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o rol da industria do papel para avanzar cara á economía circular e na consecución dos obxectivos climáticos de Galicia

Ángeles Vázquez sinala que o papel é un material  especialmente axeitado para os principios da economía circular xa que é renovable, reciclable, biodegradable e reintegrable en novos ciclos produtivos

16/07/2026 | 12:59 | Axencia de Turismo de Galicia
16/07/2026 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Manuel Pardo supervisa o estado das obras para a mellora de espazos públicos no concello de Muíños, nas que a Xunta inviste máis de 440.000€

O delegado da Xunta en Ourense explicou que esta actuación lévase a cabo no lugar de Muíños, parroquia de San Pedro de Muíños, na contorna de elementos do patrimonio cultural, do patrimonio natural (Reserva da Biosfera transfronteiriza Xurés-Gerés), de varios regatos, e de liñas eléctricas

16/07/2026 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García denuncia que o Goberno central recórtalle a Galicia o 82% dos fondos para a atención aos menores migrantes non acompañados

Explica que a comunidade galega recibirá 740.000 euros, unha cantidade “que non supón nin o 5%” do que custa a atención no sistema de protección

16/07/2026 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece catro incendios no concello coruñes de Rois

No que vai de campaña, 13 persoas foron detidas ou investigadas pola UPA como presuntas autoras de lumes forestais

16/07/2026 | 12:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude
16/07/2026 | 12:07 | A Presidencia da Xunta

A Xunta publica novas resolucións das axudas para a transformación e modernización de frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías

O Diario Oficial de Galicia recolle as resolucións de ambas as liñas, que suman case 80 subvencións concedidas entre decembro e xuño por preto de 1,7M€