Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.722 novas:

25/09/2026 | 17:35 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo asiste ao Torneo Triangular Solidario de Fútbol 7 feminino organizado pola Garda Civil a favor do Grupo CompostELA

O torneo reuniu seleccións femininas de efectivos da Garda Civil, da Policía Nacional e da Policía Local da Coruña, nunha xornada deportiva e solidaria destinada a contribuír á visibilización e apoio das persoas afectadas pola esclerose lateral amiotrófica (ELA) e das súas familias

25/09/2026 | 17:31 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade destaca o xogo como ferramenta de lecer educativa no marco da prevención das condutas adictivas na infancia e adolescencia

A secretaria xeral técnica subliña o traballo da Dirección Xeral de Saúde Pública en materia de promoción da saúde

25/09/2026 | 17:26 | C. do Medio Rural

A Xunta activa a Unidade de Investigación de Incendios Forestais no lume de Calvos de Randín co uso de drons

Os traballos de investigación comezaron no día de onte pola tarde e as actuacións estenderanse, cando menos, durante toda a fin de semana

25/09/2026 | 17:07 | C. do Medio Rural

A UIFO e o Seprona colaboran para identificar a autoría de numerosos incendios forestais nas Neves

A investigación deu comezo tras rexistrar un incendio forestal en maio, ao que seguiron outras tres incidencias similares nos meses posteriores

25/09/2026 | 16:35 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do Concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Reigada

O lume iniciouse ás 01,15 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas

25/09/2026 | 15:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta iniciará esta fin de semana a retirada paulatina das barreiras filtrantes instaladas para o control do vertido de puríns en Tordoia

Esa retirada realizarase de forma progresiva e condicionada en todo momento aos resultados das analíticas que se continúan realizando

25/09/2026 | 15:26 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reclama que a nova planificación eléctrica estea aprobada canto antes porque “é urxente” para o desenvolvemento industrial de Galicia

Confirma que recolle parte das alegacións presentadas pola Administración galega, aínda que deixa outras actuacións pendentes que a Xunta agarda que estean recollidas “nesta ou nas seguintes modificacións”; entre elas, a zona da Plisan e a área central da provincia de Lugo

25/09/2026 | 15:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o papel da docencia como motor de cambio na construción dunha sociedade máis comprometida coa igualdade

Eloína Ingerto avogou pola colaboración entre administracións e as institucións educativas para seguir dando pasos firmes para rachar as barreiras de xénero