Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.449 novas da área temática Agricultura e gandería:

12/04/2026 | 14:01 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso co sector vitivinícola galego na XLIV Exaltación do Viño da Ulla

María José Gómez destacou que o apoio materialízase cun investimento anual de arredor de 12 M€ en axudas para modernizar cultivos e facelos máis sustentables, para a elaboración e a comercialización, así como para promoción, entre outros

11/04/2026 | 15:37 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca a importancia da Festa do Cocido de Porco Celta na posta en valor e recuperación das razas autóctonas galegas

A conselleira do Medio Rural asistiu hoxe a esta celebración no concello de Carballedo, na que se promocionan diferentes produtos agroalimentarios amparados por selos de calidade diferenciada

11/04/2026 | 13:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo pon en valor a Artesanía Galega na xornada “Oficios en Acción” organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA)

A delegada da Xunta destacou que a artesanía é un sector estratéxico que combina tradición e innovación, xerando emprego e contribuíndo á dinamización económica e cultural

10/04/2026 | 20:30 | C. do Medio Rural

María José Gómez insiste na remisión á Comisión Galega da Competencia de calquera indicio de irregularidade que se detecte nos contratos lácteos

A conselleira do Medio Rural participou esta tarde na inauguración da 42ª edición da Moexmu, onde reafirmou o seu compromiso cos produtores lácteos ante o descenso do prezo en orixe, unha baixada que cualificou de “inxustificada”

09/04/2026 | 20:38 | C. do Medio Rural

Medio Rural colabora cos premios 'Dalle Like' para fomentar o coñecemento da calidade diferenciada nas contornas dixitais

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á presentación dos nomeados a estes galardóns, unha xornada que contou cun brinde final con viños espumosos premiados nas Catas de Galicia 2025

09/04/2026 | 15:35 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca o pulo do selo Artesanía Alimentaria con 146 empresas inscritas e 266 produtores

A conselleira do Medio Rural visitou na Pobra do Brollón a panadería Herbella, que conta con este distintivo de calidade diferenciada

09/04/2026 | 14:41 | C. do Medio Rural

Medio Rural facilita alimentación para gando nunha explotación afectada polo incendio de Ponteareas

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu na mañá de hoxe á recepción do primeiro cargamento de alimentación para esta explotación, que conta con máis de 100 exemplares de vaca cachena en extensivo