A Xunta asina un intercambio de permutas en Verín que permite incorporar 1,46 hectáreas ao banco de terras
2026-04-10
/documents/35297/2079480/20260410PazpermutasVerin_1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Verín (Ourense), 10 de abril de 2026
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asinou este mediodía en Verín un intercambio de permutas con Augas de Cabreiroá.
Mediante este acordo, que se realiza ao abeiro da Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia, elimínanse parcelas enclavadas propiedade da Xunta que se atopan nun conxunto de predios propiedade da devandita empresa. A cambio, a Administración autonómica recibe varios terreos que suman unha superficie total de 1,46 hectáreas, e que se incorporan ao Banco de Terras de Galicia. Esta permuta foi declarada de especial interese agrario consonte á devandita lei.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 10/04/2026