Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.241 novas da área temática Medio ambiente:

11/12/2025 | 13:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta publica a norma reguladora dos sorteos para obter permisos de pesca fluvial para a tempada 2026

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes para participar a partir de mañá e o prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de decembro á medianoite

11/12/2025 | 12:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións ao proxecto de adecuación dunha nave para elaborar produtos cárnicos en Ribeira

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que as actuacións teñan efectos significativos adversos sobre o entorno sempre que se cumpra co fixado no propio informe ambiental e no resto da documentación avaliada

10/12/2025 | 15:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta creará un foro de expertos para o intercambio de experiencias sobre boas prácticas ambientais no marco da rede de concellos Bandeira Verde de Galicia

Ángeles Vázquez indica que este encontro multidisciplinar terá lugar unha vez ao ano para a posta en común de ideas en materia de conservación da paisaxe e protección do medio ambiente

09/12/2025 | 17:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O grupo de traballo do xabaril apoia as propostas da Xunta para reforzar o control da especie e insiste na limpeza das zonas periurbanas para evitar o seu avance

Marisol Díaz subliña que a competencia para manter limpas as zonas que rodean as cidades e áreas urbanas é municipal e insta aos concellos a implicarse na xestión da biomasa e da maleza nestes puntos para afastar a estes animais das zonas poboadas

09/12/2025 | 15:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga autorización ambiental integrada ao proxecto para a produción de combustibles sólidos recuperados con residuos non reciclables en Sarria

Con esta resolución, dáse por completada a tramitación ambiental da iniciativa por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e continúase co resto do procedemento administrativo necesario para a súa posta en marcha

09/12/2025 | 13:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta libera un exemplar de voitre negro atendido no centro de recuperación de fauna silvestre do Veral

O exemplar, un xuvenil rescatado a mediados de outubro en estado moi feble no feiral do San Froilán, en Lugo, pertence a unha especie pouco habitual en Galicia

08/12/2025 | 14:13 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo na parroquia de Couso, no concello da Estrada

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

07/12/2025 | 15:53 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo no lugar das Telleiras, no concello de Nigrán

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

06/12/2025 | 10:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por preto de 300.000 euros as obras de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable da Senra, no concello de Cervo

O fin último das actuacións é optimizar o funcionamento da instalación e evitar o exceso de vertidos cara á rede de saneamento municipal, garantindo así a axeitada prestación do servizo de abastecemento á cidadanía existente na contorna

05/12/2025 | 16:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O delegado visita unha das 21 formacións de árbores senlleiras da provincia para lembrar a convocatoria de axudas da Xunta para a súa mellora e conservación

A Xunta destina un total de 90.000 euros ao coidado e conservación das árbores e formacións senlleiras de Galicia