Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 605 novas da área temática Maiores:

13/09/2025 | 15:09 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García avanza que o concello de Pantón contará proximamente coa súa primeira residencia de maiores, que suma 36 novas prazas

A conselleira de Política Social e Igualdade sinalou a importancia de que os concellos rurais conten con este tipo de servizos garantindo que as persoas dependentes poidan ser coidadas onde desexen

12/09/2025 | 13:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 60.000 € a actividades de ocio e envellecemento saudable en Ortigueira

O obxectivo é previr situacións de dependencia e de soidade non desexada, favorecendo a interacción e a participación das persoas maiores

03/09/2025 | 09:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Galicia pon en marcha un proxecto pioneiro para medir o impacto real das terapias innovadoras en pacientes con dexeneración macular

O presidente da Xunta agradeceu ao director executivo de Roche Pharma Internacional o seu interese por impulsar acordos pioneiros coa sanidade pública de Galicia

01/09/2025 | 15:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta a traxectoria da Fundación San Rosendo na atención e coidado das persoas maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na tradicional peregrinación ao santuario dos Milagros

01/09/2025 | 15:00 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta que o Bono Coidado no Fogar beneficia xa a 33.000 persoas e permitiu duplicar o número de dependentes que son atendidos na contorna familiar

Salienta a boa acollida desta axuda directa de 5.000€ anuais para todos os dependentes atendidos no seu domicilio sen importar o seu nivel económico

30/08/2025 | 12:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará o acondicionamento do baixo e da parcela exterior do novo centro de día e fogar residencial da Lama

Achegaranse 70.000 euros para esta actuación coa que se porá fin a esta infraestrutura de titularidade municipal, que tivo un custo total de máis de 500.000 euros sufragados polas Administracións autonómica e local

15/08/2025 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca a importancia dos programas de envellecemento activo para o benestar dos maiores e contra a soidade non desexada

Puxo en valor as actividades e obradoiros para as persoas de máis idade que se desenvolven ao longo de todo o ano no rural co apoio da Xunta

14/08/2025 | 12:13 | C. de Sanidade

A Xunta destina máis de 72.000 euros para renovar a súa colaboración coa Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de alzhéimer

Entre os obxectivos do convenio está a realización dunhas xornadas internacionais interdisciplinarias para profesionais

13/08/2025 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García visita ás persoas maiores da residencia da Mezquita desprazadas a Arnoia a causa do lume

Prevese que o regreso dos maiores ao seu municipio se poida realizar esta mesma tarde

12/08/2025 | 11:15 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta destaca o labor de dinamización que realiza o centro sociocomunitario da Milagrosa en Lugo

No segundo semestre do ano acollerá novos talleres sobre benestar e saúde impartidos polo Sergas, ademais dunha ampla programación de cursos entre os que figuran os de ximnasia con música, cestería, tai chi ou informática