Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por 462.000 € o servizo de apoio a Augas de Galicia no control da adaptación de presas, encoros e balsas ás novas normas técnicas de seguridade
As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 15 de setembro para presentar as súas ofertas e o labor da adxudicataria consistirá na supervisión da documentación relativa ao estado destas instalacións e á realización das correspondentes inspeccións neste eido
A Xunta activa a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Grande, en Camariñas
A maiores, tamén se aplicarán medidas equivalentes no subsistema de Baiona, desde o cal se abastece a poboación deste municipio pontevedrés
A Xunta lanzará este mes unha campaña para concienciar ao conxunto da cidadanía sobre o uso responsable e eficiente da auga
Ángeles Vázquez lembra a importancia de manter boas prácticas no consumo de auga todo o ano, pero especialmente no verán cando a súa dispoñibilidade é menor e a demanda sobe en moitas localidades ao aumentar a poboación polo turismo
A Xunta licita por máis de 3,8 M€ o control e seguimento de 127 depuradoras galegas con capacidade para dar servizo a unha poboación de máis de 2.000 persoas
O contrato ten como obxectivo axudar na supervisión, vixilancia e inspección das infraestruturas hidráulicas competencia das entidades locais para dar un mellor servizo á cidadanía e velar pola calidade das augas na súa área de influencia
A Xunta destina máis de 25 M€ a ampliar a depuradora de Vilagarcía de Arousa para duplicar a súa capacidade e dar servizo a arredor de 100.000 persoas
Ángeles Vázquez destaca que o Executivo galego aporta o 80% dos 31 millóns de euros necesarios para executar as actuacións e o Concello, o 20% restante
A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos fluviais que suman preto de 2 quilómetros no concello pontevedrés de Oia
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de cinco semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A primeira parte das obras de mellora da rede de saneamento e depuración no rural de Ferrol incidirá en seis parroquias cun investimento de máis de 5,7 M€
Ángeles Vázquez salienta que as actuacións, nas que a Xunta aporta o 70% do investimento e o Goberno local o 30% restante, beneficiarán a 1.350 habitantes de distintos núcleos de Brión, Covas, A Cabana e A Graña, Doniños e Esmelle
A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos fluviais que suman 4,7 quilómetros no concello de Viveiro
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de seis semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta salienta que a posta en marcha da nova EDAR do Pino garante un servizo de calidade para 1.200 veciños de 5 núcleos rurais do municipio
Os traballos incluíron tamén a execución dunha nova estación de bombeo de augas residuais e das conducións necesarias para garantir o seu correcto funcionamento, cun investimento total por parte de Augas de Galicia de 2,2 millóns de euros