Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 663 novas da área temática Portos:

01/08/2025 | 18:31 | C. do Mar

Marta Villaverde sitúa a Produart como escaparate dos valores da sostibilidade dos recursos pesqueiros, da tradición artesanal e o patrimonio cultural

A conselleira do Mar inaugura a 23 edición deste evento que se desenvolve en Burela ata o domingo, e que organiza a Fundación Expomar xunto coa 39 Feira do Bonito

31/07/2025 | 15:12 | C. do Mar

A Xunta de Galicia inviste 1,7 millóns de euros na mellora das instalacións de atracada para bateeiros no Porto de San Adrián de Cobres, en Vilaboa

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, comprobou o avanzado estado das obras que consistirán na construción dun dique de abrigo flotante e 16 prazas de amarre para esloras de 12 a 22 metros

29/07/2025 | 15:50 | C. do Mar

A Xunta lamenta o bloqueo do Goberno central á tramitación da dragaxe do río Lérez á espera da autorización do punto de depósito dos áridos

Portos de Galicia continúa agardando a resposta do Miteco despois de remitir en abril o informe definitivo do Cedex en relación á proposta dos puntos onde descargar os sedimentos retirados nas dragaxes das Rías Baixas 

29/07/2025 | 15:43 | C. do Mar

Marta Villaverde destaca a colaboración da Xunta con Interfish-España na promoción, comercialización e posta en valor dos produtos marítimo-pesqueiros

A iniciativa dada a coñecer hoxe enmárcase no convenio asinado polas dúas partes en febreiro, dotado con 400.000 euros, e financiado ao 50%

28/07/2025 | 15:44 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. do Mar

A Xunta apoia a XXXIX Feira do Bonito de Burela, unha cita gastronómica consolidada no verán da Mariña

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tamén patrocina o concerto do artista Enol, que terá lugar na zona portuaria da localidade

25/07/2025 | 11:51 | C. do Mar

Portos de Galicia contrata por 540.000 euros as obras de instalación de novos departamentos para o sector profesional de Sanxenxo

A actuación, que ten un prazo de execución de 4 meses, prevé a dotación de 14 novos locais para almacenamento de pertreitos dos mariñeiros con especial atención á integración desta actividade nunha contorna marcadamente turística

24/07/2025 | 13:52 | C. do Mar

Villaverde aborda coa Asociación Nacional de Mulleres da Pesca as demandas das profesionais do mar e os desafíos actuais da actividade pesqueira

A titular de Mar puxo en valor a maior presenza das mulleres en postos de responsabilidade no ámbito empresarial, da investigación ou nas entidades sectoriais, reforzando o liderado galego no ámbito da pesca a nivel internacional

23/07/2025 | 15:40 | C. do Mar

Marta Villaverde anima desde Ribadeo ás peixerías a adherirse ao Bono Peixe, destacando que un terzo das existentes xa o fixeron

En tan só doce días sumáronse uns 500 establecementos a esta iniciativa, coa que a Xunta pretende mobilizar 10 millóns de euros e beneficiar a unhas 150.000 persoas