Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.036 novas da área temática Sanidade:

18/12/2025 | 12:36 | C. de Sanidade

Belén do Campo visita a mesa de cuestación de ACEM coincidindo coa conmemoración do Día Nacional da Esclerose Múltiple

A delegada da Xunta puxo en valor o compromiso da Xunta coas persoas afectadas, lembrando que a esclerose múltiple é unha enfermidade neurolóxica crónica que, aínda que invisible en moitos casos, ten un profundo impacto na vida diaria de quen a padece e das súas familias

17/12/2025 | 18:44 | C. de Sanidade
17/12/2025 | 15:06 | C. de Sanidade

A Xunta convoca máis de 73.600 persoas maiores de 60 anos para vacinarse fronte á gripe esta fin de semana nos recintos hospitalarios

Nos hospitais comarcais a vacinación será o sábado en horario de mañá e tarde, ampliándose a toda a xornada do domingo no caso dos hospitais principais

17/12/2025 | 14:58 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a incorporación da historia clínica para os pacientes de Povisa e o exhaustivo control e seguimento do contrato que fai a Xunta

Explica que o centro hospitalario vigués comezou xa a traballar co sistema de historia clínica do Servizo Galego de Saúde na área de hospitalización e de urxencias e que esta mesma semana o incorporará tamén nas consultas externas hospitalarias

17/12/2025 | 11:10 | C. de Sanidade

ADOS reforza a campaña de doazón de sangue no Hospital Álvaro Cunqueiro

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra a necesidade de obter máis de 400 doazóns de sangue diarias neste mes de decembro para garantir o abastecemento de compoñentes sanguíneos aos centros sanitarios galegos

16/12/2025 | 17:38 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño sinala como un logro de país a aprobación da lei que sitúa Galicia á cabeza na protección da mocidade fronte ás novas adiccións

Subliña o valor da prevención e a adaptación que achega a norma ante os novos retos da saúde pública, co foco posto na xuventude

16/12/2025 | 14:52 | C. de Sanidade

A Xunta e o Concello de Pantón asinan a cesión da parcela para a construción do novo centro de saúde

O terreo, situado na rúa Manuel María de Ferreira de Pantón, dispón dunha superficie de 676 m2

16/12/2025 | 13:11 | C. de Sanidade

A Policía Nacional de Santiago comprométese coas campañas de doazón desenvolvidas pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

A directora da ADOS acompañou á comisaria xefe da Policía Nacional, Nuria Palacios Ibán, na súa visita á unidade móbil que hoxe estivo na compostelá Avenida de Rodrigo de Padrón

15/12/2025 | 15:41 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta autoriza a contratación por 55,6 M€ do servizo de transporte sanitario urxente aéreo, que por primeira vez cubrirá horario nocturno

Rueda resalta que o 061 contará cun novo helicóptero coa capacidade e tecnoloxía para “atender enfermos de noite e en condicións meteorolóxicas adversas”