Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 725 novas da área temática Cooperación:

31/08/2025 | 09:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia a preto dun centenar de entidades de acción voluntaria para reforzar a solidariedade e o compromiso social

A convocatoria de axudas está dotada con máis de 130.000 euros para poñer en valor iniciativas de sensibilización, formación e coordinación

26/08/2025 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Xunta colabora con 100.000€ ao desenvolvemento de iniciativas sostibles no sector pesqueiro e acuícola no noroeste do Perú

O Goberno galego busca aportar valor engadido a un sector chave de cara a asegurar a soberanía alimenticia e a mellora da nutrición nun dos países prioritarios da Cooperación Galega 

25/08/2025 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta xa executou o 90% do seu plan anual da cooperación galega no primeiro semestre do ano

O plan conta cunha dotación de case dez millóns de euros no marco do ‘V Plan director da cooperación galega 2023-2026’

16/08/2025 | 10:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para promover a implicación da administración local en materia de cooperación e desenvolvemento

O Goberno galego achega 60.000 euros para o desenvolvemento do proxecto O municipalismo, Km. 0 da Cooperación

11/08/2025 | 11:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a eficiencia enerxética de case un cento de instalacións municipais a través do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou O Grove, un dos concellos beneficiarios da convocatoria, dotada con 5 millóns de euros

09/08/2025 | 09:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa sete proxectos de investigación universitaria en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030

O Goberno galego publicou a resolución da convocatoria coas axudas, dotada con 200.000 euros e dirixida a grupos e centros de investigación das universidades galegas

08/08/2025 | 13:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o potencial do cooperativismo como modelo de emprendemento que incentiva a empregabilidade

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na sesión divulgativa de emprendemento cooperativo E ti, coñeces a fórmula?, organizada por Espazocoop no marco das actividades da Rede Eusumo

08/08/2025 | 10:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina preto de 400.000 € a creación de 79 proxectos liderados pola mocidade co programa ‘Iniciativa Xove’

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude favorece con estas axudas que persoas mozas fomenten a participación en actividades concibidas por elas mesmas

30/07/2025 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto de 400 entidades veciñais benefícianse este ano do Plan específico de acción comunitaria da Xunta, case un cento máis que en 2024

Cúmprese así o obxectivo do Goberno galego de dar maior resposta á elevada demanda desta liña de axudas, para o que incrementou a dotación a catro millóns de euros, un máis que no anterior exercicio

30/07/2025 | 13:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e XEA Galicia estudarán posibles liñas de colaboración para garantir o benestar e a protección dos animais de compañía

Marisol Díaz lembra que desde 2024 o Goberno galego ofrece axudas aos cidadáns para sufragar os primeiros gastos veterinarios e de identificación tras facerse cargo dun animal abandonado e anima aos responsables do refuxio a colaborar na súa difusión