Actualidade
Buscador de novas
O 061 de Galicia pídelles precaución aos condutores nos desprazamentos durante a Semana Santa
Resulta fundamental o uso da App Sergas Móbil para chamar ao 061 porque permite xeolocalizar a chamada e axilizar a asistencia no lugar do sinistro
A Xunta agarda que o Goberno "escoite" o Congreso e "sen máis dilacións" aborde coas comunidades unha nova proposta de mapa concesional
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insiste ao Executivo para que “rectifique”, retire a proposta actual e convoque a Conferencia Sectorial que Galicia leva tempo reclamando para consensuar un novo mapa que atenda as necesidades das comunidades e non penalice o rural galego
A Xunta aproba a cuarta ampliación do crédito das axudas para a transformación de frotas de vehículos de transporte por estrada por importe de 4 M€
O orzamento inicial, que se situaba en 12,6M€ incrementouse, tras as sucesivas ampliacións, en máis dun 171%, situándose en 34,8M€
A Xunta denuncia o agravio continuo a Galicia por parte do Goberno central nos servizos de transporte ferroviario
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, detallou hoxe no Parlamento galego os investimentos que seguen pendentes, as incidencias continuas e as promesas incumpridas
A Xunta concede 18 axudas no concello de Lugo para a compra de taxis adaptados, de baixas emisións ou eléctricos
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que suman 30.000 euros en achegas e xa está aberta unha nova convocatoria para “seguir impulsando un servizo máis moderno, accesible e sostible”
A Xunta insta ao Goberno a abonar a bonificación das peaxes da AP-9 no Morrazo e A Barcala, cumprindo o acordado
Francisco Menéndez lembrou que hai un acordo do 2017 polo que o Estado se comprometeu a financiar a totalidade da subvención das peaxes, separando á Xunta do convenio polo que estaba a cofinanciar parte dunha autoestrada estatal
A nova senda peonil e ciclista entre a Intermodal e San Caetano sitúa Santiago á altura das cidades europeas referentes en mobilidade sostible
A Xunta pon en servizo este treito do Eixo de Mobilidade Sostible de Santiago, que conta con 3,3 km de itinerario e no que se invisten 2,4M€
A Xunta adxudica por preto de 3 M€ as obras de reforzo do firme de 5 estradas en 11 concellos da área de Pontevedra e da comarca do Salnés
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia
A Xunta somete a información pública o proxecto para a mellora de 61 paradas de autobús en sete concellos da comarca de Ferrol, que suporá un investimento de máis de 1,8 M€
Trátase de actuar no ámbito das rutas de acceso polo norte á cidade de Ferrol nos concellos da Capela, As Somozas, As Pontes de García Rodríguez, Cedeira, Narón, Ortigueira e Valdoviño
A Xunta remata o investimento de máis de un millón de euros no acondicionamento da N-551, na contorna do Polígono de Areas
Os traballos permitiron mellorar a drenaxe dunha canle entre a A-55 e o ramal de enlace coa N-551; eliminaron un carril en desuso; reordenaron o aparcadoiro; e melloraron os vaos peonís