Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.173 novas da área temática Comercio:

18/09/2025 | 12:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Valdeorras o valor das axudas á dixitalización, innovación e sustentabilidade para fortalecer a competitividade do comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo visitou recentemente distintos comercios no Barco de Valdeorras e na Rúa, onde estivo acompañado por representantes do tecido comercial e empresarial da comarca e onde puxo en valor estes apoios

17/09/2025 | 19:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
16/09/2025 | 16:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 168.000 euros a 13 restaurantes da provincia de Lugo para actuacións de modernización e mellora

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que o obxectivo é consolidar unha oferta de calidade, que sexa referente da imaxe turística de Galicia

16/09/2025 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

A Xunta destaca o papel do mercado ‘Artesanamente’ na posta en valor dos oficios tradicionais e das marcas artesanía de Galicia e Artesanía Alimentaria

A Fundación Artesanía de Galicia e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria colaboran na organización da primeira edición deste evento, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de setembro en Santiago de Compostela, na sede de Afundación

15/09/2025 | 14:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Lisboa Mostras de Cociña, unha exposición de cerámica e o destino Galicia no marco do evento profesional ‘Artesanía no prato’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participan hoxe no evento ‘Artesanía no Prato. O sabor da Galicia em Lisboa’, que arrancou onte e se prolongará deica mañá

14/09/2025 | 11:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre mañá luns o prazo de recepción de candidaturas dos Premios Artesanía de Galicia 2025 co obxectivo de recoñecer o talento e mestría do sector

Os galardóns dividiranse en tres categorías: o Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros, o Premio Traxectoria e as Bolsas Eloy Gesto, que outorgarán ata tres bolsas de 4.000 euros cada unha para investir en formación

13/09/2025 | 14:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor na XV Xuntanza de centros galegos do sur de España a súa unidade e o seu compromiso coa nosa cultura

O secretario xeral da Emigración asistiu hoxe ao encontro, que reuniu en Puerto de Santa María a representantes dos centros galegos de Andalucía, Estremadura e Ceuta, reforzando os lazos culturais e asociativos entre as entidades

13/09/2025 | 10:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o obradoiro Artesanía Enxebre de Valdeorras como exemplo de emprendemento e garante da continuidade dos oficios tradicionais

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co director de Turismo, Xosé Merelles, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o obradoiro de Sarah-Jane Borcuk Cardoso e Lalo Gesteira Martíns, inscrito en Artesanía de Galicia