Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.828 novas da área temática Economía:

06/12/2025 | 12:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta poñerá en marcha en 2026 a Casa de Artesanía de Ribadavia como espazo permanente para a comercialización do sector no marco de Vilas Vivas

José González destacou que un dos locais acondicionados na rúa Banda A Lira será dedicado a un centro estable de promoción artesanal, reforzando o papel deste ámbito como motor económico e cultural

05/12/2025 | 18:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

A Xunta inaugura en Ribadavia o mercado ‘Artesanía, Saber e Sabor’ como punto de partida do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas

José González convidou a gozar da ampla programación prevista para estes días en Ribadavia arredor dos produtos artesáns e alimentarios de calidade e sinalou que este mercado suporá un punto de inflexión na recuperación do tecido comercial da vila

05/12/2025 | 15:55 | C. de Economía e Industria

Lorenzana apela a unha tripla alianza entre o público, o privado e a sociedade para impulsar o modelo enerxético e industrial de Galicia

“No Goberno de Galicia somos conscientes de que é necesario que manteñamos unha postura valente, pero non podemos sos”, di.

04/12/2025 | 16:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a colaboración entre sector público, empresarial e social como chave para impulsar a competitividade de Galicia en 2026

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe no encontro empresarial “Voces que inspiran”, onde puxo en valor a alianza entre administración, empresas e cidadanía como clave para afrontar os retos económicos do vindeiro ano

03/12/2025 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca a aposta da Xunta por un sector mineiro moderno, sostible e estratéxico para o territorio

Asegura que o obxectivo do Executivo autonómico “é converter Galicia nun dos epicentros da minaría moderna”

02/12/2025 | 19:26 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca as capacidades tecnolóxicas de Televés para formar parte da Estratexia de Seguridade, Defensa e Aerospazo

O que se prevé é que en 2026 se publique a primeira convocatoria de licitación, dotada con 83 M€, para definir que empresas e centros tecnolóxicos van traballar en programas conxuntos de investimento coa Xunta de Galicia nos vindeiros cinco anos

02/12/2025 | 10:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama ao Goberno que faga públicos os datos de investimento por comunidades autónomas en novas actuacións da rede eléctrica

A conselleira de Economía e Industria participou hoxe na Conferencia sectorial de Enerxía, onde avanzou tamén que o Goberno galego presentará este mes alegacións ao borrador da planificación da rede eléctrica 

28/11/2025 | 15:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o impulso da madeira como elemento construtivo e destaca as capacidades do sector para avanzar no proceso de descarbonización

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visitou esta mañá dúas empresas beneficiarias dos programas de apoios da Xera, entre elas do programa Xera-Madeira para impulsar o uso deste compoñente na construción

27/11/2025 | 17:14 | C. de Economía e Industria

Lorenzana advirte que a seguridade xurídica, política e social son claves para que os proxectos industriais poidan saír adiante

Asegura que “estamos nun momento en que está en risco a separación de poderes consagrada na Constitución”

27/11/2025 | 16:40 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o papel das gasolineiras no rural á hora de garantir servizos básicos e contribuír a fixar poboación

Destaca o acordo alcanzado entre a Xunta, a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes) e Abanca este ano e que está a permitir a retirada de efectivo nas estacións dos municipios de menos de 20.000 habitantes