Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.710 novas da área temática Áreas temáticas:

11/05/2024 | 13:36 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta en Vigo o compromiso da Xunta coa mobilidade sustentable

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou no municipio pontevedrés as instalacións de Moto Motion, que contou co apoio da Administración autonómica para a compra de dez motos eléctricas no marco do Moves III

11/05/2024 | 13:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará 1,2 millóns de euros á creación da futura residencia de maiores de Piñor

O Goberno galego financiará o 70% das obras, no marco dun Plan de 18,5 millóns de euros para obras de mellora de centros de atención diúrna e residencial de titularidade municipal

11/05/2024 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta fai entrega dunha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro social na Tinería de Lugo

A Xunta dispón neste barrio lucense de 96 vivendas destinadas a alugueiro social con prezos que van desde os 90€ ao mes, nas que se investiron 26M€ 

11/05/2024 | 13:04 | Axencia de Turismo de Galicia

A Primavera de Portas Abertas nas rutas dos viños da Xunta chega esta fin de semana a máis de 30 adegas, restaurantes e aloxamentos das Rías Baixas

Esta denominación de orixe acolle ata o domingo actividades como catas a cegas, concerto a bordo dun barco histórico polo Miño ou visitas ao patrimonio

11/05/2024 | 13:00 | C. de Sanidade

A Xunta e o Consello Oficial de Colexios Médicos de Galicia renovan o Programa Paime para a atención integral ao médico enfermo

O Goberno galego e os colexios médicos consideran que, atendendo ás características propias do exercicio desta profesión, debe garantirse aos facultativos enfermos unha atención médica específica e especializada

11/05/2024 | 12:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove con case 5 M€ a contratación este ano de 152 desempregados menores de 30 anos en actividades de I+D+i ao abeiro do Programa Investigo

José González destacou que as axudas van dirixidas a empresas cualificadas como iniciativas de base tecnolóxica e a outras do sector privado que traballen en investigación e innovación

11/05/2024 | 12:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arredor de 200 docentes afianzan a súa formación en linguas estranxeiras con estratexias para a dinamización na aulas e novos recursos didácticos

Román Rodríguez destaca as distintas accións impulsadas pola Xunta neste eido como a certificación de competencias lingüísticas ou a mobilidade internacional

11/05/2024 | 10:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Friol avalían o proxecto para dotar de abastecemento de auga á parroquia de Seixón

Ángeles Vázquez e José Ángel Santos tamén analizaron o estado no que se encontra o proxecto de saneamento no núcleo de Roimil

11/05/2024 | 10:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levou a cabo o ano pasado máis de 200.000 actuacións no marco das súas competencias

Destaca a actividade relacionada coa protección de vítimas de violencia de xénero, a prevención e investigación de incendios forestais, a loita contra o furtivismo ou o control das diferentes rutas do Camiño de Santiago

11/05/2024 | 10:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca as axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega para o ano 2024

Destina 200.000 euros a fomentar a elaboración e publicación de recursos didácticos curriculares en galego e favorecer o tecido da industria editorial galega