Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Cultura:

09/05/2024 | 11:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación do festival ‘Al–Majisti’

Manuel Pardo, explicou que se trata dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia

09/05/2024 | 11:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Unha mostra do Gaiás reivindica artistas galegas que despuntaron nos 80 e cuxa obra non gozou da merecida visibilidade debido aos condicionantes de xénero

‘Outras historias posibles’ celebra as traxectorias de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré como exemplos da diversidade creativa na arte contemporánea

08/05/2024 | 18:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita á escritora Arantza Portabales, Premio Clubs de Lectura 2024

Recibe a esta autora galega, a máis lida nas bibliotecas escolares durante este curso, e agradece o seu papel a prol de incentivar a lectura entre os máis novos

08/05/2024 | 15:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego comparte a celebración do seu 40º aniversario cun espectáculo itinerante por máis de 100 concellos do rural

José López Campos enmarcou esta iniciativa nos obxectivos que o Goberno galego persegue co deseño da futura Rede Adival para a dinamización cultural nos municipios menos poboados e máis afastados dos principais núcleos urbanos

08/05/2024 | 12:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora cunha vintena de editoriais para a tradución de 83 obras

A iniciativa, incluída no Plan de impulso do libro galego, está dirixida a favorecer que as obras galegas se editen noutras linguas, impulsando así a proxección internacional da nosa cultura

08/05/2024 | 12:28 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e Renfe celebran o Día das Letras Galegas difundindo a imaxe de Luísa Villalta nos trens de Media Distancia e Avant

Os trens do Servizo Público de Galicia destacan nos repousacabezas a figura da escritora, música e docente coruñesa