Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 590 novas da área temática Auga:

14/01/2025 | 13:54 | C. do Mar

O Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia mellora a súa rede de estacións océano-meteorolóxicas cunha nova plataforma de observación na Ponte de Rande

A nova infraestrutura permitirá incorporar sensores e solucións tecnolóxicas desenvolvidos no marco do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia polo IEO-CSIC, IIM-CSIC e a Universidade de Vigo

13/01/2025 | 14:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de 1,1 km do río Miñor ao seu paso por Gondomar

As tarefas encargadas por Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de dúas semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa da canle fluvial

12/01/2025 | 12:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 130.000 € ao servizo de análise sanitaria de poboacións piscícolas dos ríos galegos

O contrato, que vén de ser licitado, permitirá realizar a toma de mostras para a vixilancia e control do estado sanitario dos seres que habitan as augas galegas nos vindeiros dous anos

10/01/2025 | 13:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora para mellorar o servizo de saneamento no concello de Salvaterra de Miño

Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o primeiro trimestre deste ano co obxectivo de que estean rematadas a finais de 2025

09/01/2025 | 14:19 | C. do Mar

A Xunta respalda ao Club de Remo da Pobra do Caramiñal e avalía as posibles vías de colaboración tras o incendio rexistrado nas súas instalacións

O conselleiro do Mar trasladou á entidade deportiva a proposta de colaboración con Portos de Galicia para a posta a disposición dunha nova nave a través dunha autorización administrativa de xeito inmediato

09/01/2025 | 13:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en dous regos de Ames e Negreira que suman algo máis de 2,2 km

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 5 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

08/01/2025 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o concello de Cerdido na adquisición dun vehículo para servizos municipais

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes comprobou o funcionamento do pick-up financiado a través dun convenio co Goberno galego

08/01/2025 | 13:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Ribadavia avalían o proxecto para mellorar a rede de abastecemento e saneamento nas contornas da Groba, as Chabolas, o Seixo e Sanín

O orzamento necesario para levar a cabo esta actuación rolda os 810.000 euros, que será cofinanciado pola administración local e pola Xunta de Galicia así como por parte da Deputación de Ourense

07/01/2025 | 16:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comunidade de Usuarios de Augas de Santa Cruz de Lamas mellorou as súas instalacións grazas a unha axuda da Xunta de 12.000 euros

Máis de 90 entidades da área territorial de Pontevedra recibiron un total de máis de 1 millón de euros para mellora das súas instalacións e compra de material

07/01/2025 | 15:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Mondoñedo que suman 8,5 km

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 10 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos