Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.030 novas da área temática Emerxencias e interior:

01/10/2025 | 10:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Provincial Contraincendios da Coruña refórzase con dous vehículos autoescada

A Xunta e a Deputación da Coruña acordaron a adquisición deste equipamento destinado aos parques de bombeiros con sede en Arzúa e As Pontes de García Rodríguez

30/09/2025 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta case duplica o número de raíñas de vespa velutina capturadas ata superar as 230.000 coa instalación de máis de 18.500 trampas en toda Galicia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou que o número de avisos no teléfono 012 sobre a presenza desta especie reducíronse en case un 30% nos dous últimos anos en comparación co período 2020-2023 previo á posta en marcha do trampeo selectivo, controlado e xeolocalizado

30/09/2025 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega á ONG Briegal material de emerxencias para as súas actuacións

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega de un kit de material específico de rescate en altura, seis arcóns, dous equipos de iluminación para áreas remotas e un xerador eléctrico

29/09/2025 | 14:46 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural
27/09/2025 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o persoal voluntario de Protección Civil como piar na prevención e atención ás emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior participou nas xornadas de convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Pontevedra, onde sinalou o apoio do Goberno galego a estes colectivos con axudas ao funcionamento e dotación de material

26/09/2025 | 09:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis dun milleiro de persoas aspirantes a Policía Local realizan mañá os primeiros exercicios do proceso selectivo no recinto feiral de Silleda

Trátase dun test de coñecemento de 100 preguntas, así como a proba de coñecementos do idioma galego, salvo para as persoas exentas 

25/09/2025 | 18:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta leva transferidos 1,4 M€ en axudas para os propietarios de vivendas afectadas polos incendios forestais

O Goberno galego concedeu xa 19 axudas, das que 17 se corresponden coa provincia de Ourense e 2 con Lugo