Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 868 novas da área temática Industria:

03/06/2025 | 14:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda salienta na feira Stonegal o papel estratéxico da pedra natural na economía galega e o compromiso da Xunta cunha minería sostible

“Galicia é pedra e auga. A pedra é algo que nos identifica e unha das fontes da nosa economía”, resaltou

03/06/2025 | 14:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 3 M€ euros un total de 40 parques empresariais galegos para modernizar a súas infraestruturas e incrementar a súa competitividade

O Goberno galego publicará nas vindeiras semanas no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución desta convocatoria de axudas que tivo unha grande acollida e que busca dar resposta ás novas necesidades que teñen os polígonos de Galicia para fixar e atraer novos investimentos

01/06/2025 | 16:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel do Consello Galego de Seguridade industrial como canle de comunicación coas empresas

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participaron nunha nova reunión deste órgano creado o ano pasado

30/05/2025 | 13:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta afirma que Galicia quere estar na primeira poxa de eólica mariña que convoque o Goberno porque, de non facelo, perdería unha oportunidade única

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, interveu hoxe na xornada Enerxías mariñas, unha grande oportunidade para Galicia, organizada por Cluergal

29/05/2025 | 14:09 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta o apoio da Xunta ao concello de Pontedeva con preto de 670.000 euros para a mellora do seu parque empresarial

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do municipio, Juan Carlos González

28/05/2025 | 19:05 | C. de Economía e Industria
28/05/2025 | 15:24 | C. de Economía e Industria; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana afirma que o Goberno ten “un absoluto suspenso” en materia de enerxía e reclama unha mellor planificación da rede eléctrica

“É un problema gravísimo. Investir en redes non dá votos e non se está tomando coa importancia coa que se ten que tomar”, afirma

27/05/2025 | 15:27 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; C. do Mar

A Xunta destaca que o Plan Director do sector da alimentación incrementará a competitividade desta industria clave para a economía galega

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, participa na 1ª xornada de traballo para a elaboración do Plan Director deste sector declarado estratéxico polo Goberno galego

27/05/2025 | 15:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a súa aposta pola competitividade empresarial con máis recursos, innovación e acompañamento personalizado

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa no I Gran Foro de Competitividade e Reindustrialización, onde subliña que “reindustrializar Galicia é unha oportunidade para crear emprego, reter talento e facer medrar as nosas pemes sen que perdan a súa esencia”

27/05/2025 | 11:28 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda alerta de que unha decena de proxectos industriais están en risco en Galicia por falta de capacidade na rede eléctrica

Resalta a necesidade “urxente e real” de contar cunhas infraestruturas eléctricas “modernas, robustas e adaptadas” ás industrias do futuro