Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 683 novas da área temática Exterior:

07/05/2025 | 10:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a convocatoria de axudas para microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 150.000 euros e dirixida ás ONGD ou a outros axentes sociais dedicados á realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento

06/05/2025 | 18:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza o apoio ás empresas galegas para acceder ao mercado dos Emiratos Árabes Unidos

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na xornada “Emiratos Árabes Unidos: Economía e oportunidades de negocio en Oriente Medio para as empresas galegas”, onde pon en valor o papel da Antena do Igape en Dubai para “abrir portas nun mercado clave para a innovación e a diversificación industrial”

06/05/2025 | 16:43 | C. do Mar

Villares reclama unidade a todas as forzas políticas para a exclusión das conservas de atún no Acordo de Libre Comercio entre a Unión Europea e Tailandia

O titular de Mar destaca que o país asiático, que é o principal produtor mundial, está sendo investigado por organismos internacionais por incumprir os convenios internacionais en materia de dereitos humanos, laborais e ambientais

06/05/2025 | 12:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reivindica a constitución da AECT da Raia Seca como un fito histórico na cooperación transfronteiriza e unha ferramenta clave para o acceso a fondos europeos

A nova agrupación abarcará máis de 3.100 quilómetros cadrados e máis de 72.000 habitantes, integrando 13 concellos galegos e as rexións portuguesas do Alto Minho, Cávado, Alto Támega e Barroso

05/05/2025 | 14:37 | C. do Mar

Galicia avoga por situar a pesca e a acuicultura como piares centrais do Pacto Europeo dos Océanos

Nun evento no Comité Europeo das Rexións en Bruxelas, a directora do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, Rosa Chapela Pérez, defende que estes sectores son aliados esenciais para garantir o equilibrio e a sostibilidade dos mares 

01/05/2025 | 10:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O espazo Wrightwood 659 de Chicago inclúe unha obra da Fundación Camilo José Cela na súa exposición

A peza ‘Hombre y joven marinero’ debuxada por Federico García Lorca, foi entregada ao escritor galego polos amigos do poeta andaluz, Ángel del Río e Amelia Agostini

30/04/2025 | 10:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior

José González, acompañado por Antonio Rodríguez Miranda, tamén visitou a Sociedade Española de Beneficencia en Puebla

28/04/2025 | 15:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda avanza que a Xunta solicitará ao Consello Consultivo de Galicia un informe sobre o traspaso das competencias para xestionar os permisos de traballo

Resalta a importancia de mellorar a tramitación dos permisos para facilitar a incorporación de man de obra a sectores produtivos clave

26/04/2025 | 10:16 | Axencia de Turismo de Galicia

O Camiño de Santiago cautiva en Shangai o interese do mercado chinés cunha mostra nos exteriores do Instituto Cervantes

A acción forma parte do plan de accións de promoción de Turismo de Galicia para este 2025 que suma unhas 130 iniciativas en 30 mercados nacionais e internacionais