Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 793 novas da área temática Xuventude:

28/11/2024 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade

Rematan as obras de mellora financiadas pola Xunta no centro de día e na escola infantil de Xinzo de Limia

No servizo de atención diúrna atalláronse os problemas de humidade coa reforma do sistema de recollida e evacuación de augas, e repuxéronse pavimentos

26/11/2024 | 21:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa mocidade con máis oportunidades en emprego, educación e acceso á vivenda

Destaca políticas autonómicas como a reserva do 40 % das novas vivendas públicas en alugueiro e do 25 % á venda para os menores de 36 anos dos inmobles que constrúa o Goberno galego

26/11/2024 | 15:08 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta leva a súa campaña do 25N aos campus galegos para sensibilizar á comunidade universitaria en torno ao machismo e a loita contra a violencia de xénero

Fabiola García destaca que o obxectivo é achegar á mocidade galega todas as ferramentas necesarias e que poidan coñecer todos os recursos que a Xunta pon a disposición das vítimas

19/11/2024 | 15:37 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca no Día Mundial da Infancia a importancia de ter en conta a voz das nenas e nenos

A conselleira lembrou que a Xunta puxo en marcha en 2023 o primeiro Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA), integrado por rapaces de toda Galicia que recollen as demandas dos nenos e adolescentes

16/11/2024 | 13:01 | C. de Política Social e Igualdade
15/11/2024 | 20:33 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

A Xunta apoia a Festa da Xuventude de Meira, que se celebra mañá con música, xogos, sorteos e unha comida popular

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o recinto festivo contará cunha das foodtrucks da campaña da Consellería do Mar para promocionar os peixes e mariscos galegos                                                      

15/11/2024 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta conmemorará o 25N con 300 actividades centradas na sensibilización da mocidade en torno á violencia de xénero e o bo trato nas relacións

Fabiola García enxalza o traballo diario que realizan os CIMS, unha entrega que “é de xustiza blindar e poñer en valor” e que conforma unha rede “vital e única” na promoción da igualdade e na atención á violencia de xénero

15/11/2024 | 12:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca o impulso á inserción laboral da mocidade do ‘Xuventude Mentoring na Empresa’

A directora xeral de Xuventude visita a Asociación de Empresarios de Redondela beneficiaria do programa, e recibe aos mozos que comezan a estadía en Peter Taboada

14/11/2024 | 14:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta facilita que unha quincena de mozos da Prefetura de Wakayama visiten Galicia en marzo

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, recibe hoxe a unha delegación de Xapón para continuar estreitando o vínculo a través do camiño Kumano Kodo

13/11/2024 | 14:55 | A Presidencia da Xunta

Máis de 1.200 nenos e nenas compiten en Sanxenxo no Cross de Xogade

O delegado territorial destacou a forte aposta da Xunta polo deporte base e felicitou a todos os docentes que apostan por este programa autonómico