Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 683 novas da área temática Exterior:

10/04/2025 | 19:49 | A Presidencia da Xunta

Rueda celebra o reforzo dos lazos históricos de Galicia e Asturias co impulso conxunto do Camiño Primitivo

O Camiño Primitivo, que comeza en Oviedo, é a primeira ruta documentada, datada no s.IX, e en 2024 rexistrou máis de 24.000 peregrinos, un 18% máis que o ano anterior

09/04/2025 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o plan de traballo e o orzamento da AECT Galicia - Norte de Portugal para 2025

A Asemblea e o Consello Superior da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal, reuníronse hoxe, na súa sede en Vigo, para aprobar o plan de actividades e o orzamento para o ano 2025

08/04/2025 | 18:57 | C. do Mar

Galicia impulsa coa CRPM a rexionalización da Política Pesqueira Común para que as comunidades costeiras teñan unha participación activa na toma de decisións

O titular de Mar sinala a necesidade de promover unha descentralización da xestión pesqueira que garanta a participación das administracións rexionais na toma de decisións xunto cos Estados membros

08/04/2025 | 14:43 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica no Salón Gourmets o liderado gastronómico con produtos de excelencia e marca Galicia Calidade

Afirma que Galicia ten moito que ofrecer desde a súa posición privilexiada grazas aos seus profesionais

07/04/2025 | 16:44 | C. do Medio Rural

A Xunta promove os produtos galegos de calidade diferenciada no 38º Salón Gourmets de Madrid

O director da Axencia Galega da Calidade Diferenciada asistiu esta mañá á inauguración deste evento, no que a Consellería do Medio Rural participa cun posto institucional e 39 empresas agroalimentarias galegas

06/04/2025 | 14:38 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta avanza na internacionalización do Turismo en Galicia cunha viaxe de familiarización con operadores estadounidenses

Unha delegación de nove axentes turísticos da zona de Chicago visita Galicia do 6 ao 11 de abril

06/04/2025 | 10:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para mellorar a atención sanitaria da poboación desprazada en Uganda e na República Democrática do Congo

En Uganda realizarase unha campaña de prevención do virus do ébola, e no Congo darase apoio nutricional e sanitario

06/04/2025 | 09:58 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel clave da Comandancia Naval do Miño na seguridade transfronteiriza e na cooperación con Portugal

Subliña o papel esencial da organización “na loita contra a pesca ilegal e a protección dos recursos naturais do río”

05/04/2025 | 08:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca axudas Erasmus complementarias de ata 1.755€ para estudantes de ensinanzas artísticas superiores

Poderanse solicitar ata o 30 de abril e teñen como obxectivo seguir impulsando a mobilidade deste alumnado para enriquecer a súa formación

04/04/2025 | 16:25 | C. do Mar

Alfonso Villares presenta ao sector o Decálogo Estratéxico de Galicia na defensa dos seus intereses ante a revisión da Política Pesqueira Común

O documento elaborado pola Xunta reformula o Ditame aprobado no 2022 e se suma ao Informe sobre o impacto sobre o sector pesqueiro do conxunto de propostas lexislativas e non lexislativas da Comisión encargado á Fundación MarInnLeg no 2023