Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García destaca que a actuación coordinada permitiu que non se rexistrasen incidencias importantes nas residencias de maiores
A conselleira fixo fincapé en que se actuou en todo momento tendo en conta o benestar dos maiores e en colaboración con todos os axentes implicados
O plan da Xunta ‘Adestra a túa Saúde’ bota a andar para os 25 primeiros concellos que se beneficiarán da mellora da calidade de vida da súa cidadanía
O Plan está dirixido a persoas inactivas, primordialmente maiores de 60 anos, sen unha patoloxía que supoña unha contraindicación absoluta para a práctica de exercicio e nos que a realización de actividade física represente un salto cualitativo na súa calidade de vida
Rueda destaca o papel das persoas maiores na sociedade galega e convida a loitar contra o idadismo
Sinala que no marco da estratexia contra a discriminación por idade que está a impulsar o Goberno galego nomearase un comisionado “con autoridade sobre todas as consellerías” que coordinará as diferentes accións que se desenvolvan
A Xunta chegou o ano pasado a preto de 22.500 persoas a través dos centros Quérote+
Ademais, este servizo público desenvolveu máis de 500 obradoiros dirixidos á mocidade e ás familias en centros educativos, concellos e entidades
A Xunta destaca o avance das obras da residencia pública autonómica de Campolongo que rematarán a finais deste ano
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria lembrou que con estas actuacións se mellorará a eficiencia do centro e se crearán novos espazos específicos de atención aos usuarios
O centro sociocomunitario de Ferrol prestou servizo o pasado ano a máis de 670 usuarios nos diferentes programas de actividades
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co novo director das instalacións para coñecer o funcionamento do centro e a oferta programática de cara a este curso
A Xunta financia con 500.000 euros a ampliación da residencia de maiores de Crecente
As obras xa comezaron e suporán a creación de 18 novas prazas, coas que o centro aumentará a súa capacidade ata as 56
A Xunta pon en valor a apertura de Peniche Living como un novo modelo de atención residencial baseado na vivenda compartida
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria sinalou que esta iniciativa contará con 5 unidades de convivencia e máis de 40 espazos de aloxamento
Fabiola García pon en valor a importancia da atención sociosanitaria nas residencias de maiores para garantir o benestar integral dos usuarios
Agradece o labor dos directivos e do persoal dos centros residenciais de Galicia “que dan o mellor de si para ofrecer a mellor atención posible aos residentes”