Actualidade
Buscador de novas
A Unidade de Policía Adscrita de Galicia levanta 11 actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado en Lugo
Os axentes realizaron inspeccións en sete locais, que deron como resultado tamén a identificación de 56 persoas e a intervención de diversas substancias estupefacientes
A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
A Xunta prevé formar máis de 12.000 efectivos dos corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias ata xuño a través da Academia Galega de Seguridade Pública
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villlanueva, presidiu hoxe o Consello Reitor da Agasp, no que se avaliou o plan formativo do primeiro semestre deste ano
A Xunta convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública cursos para o exercicio profesional de socorrismo acuático
Segundo recolle o Diario Oficial de Galicia realizaranse seis edicións válidas para a inscrición no ‘Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia’
A Xunta reafirma o seu compromiso na loita contra o narcotráfico e o reforzo das medidas de prevención e atención a drogodependentes
Pediralle ao Goberno central, que ten as competencias, que avalíe a situación actual do tráfico de drogas na comunidade e tome as medidas necesarias
Diego Calvo reúnese co novo xefe provincial da Unidade de Policía Adscrita de Galicia en Lugo, o inspector xefe Moisés Muñiz
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes desexoulle un frutífero labor ao fronte da xefatura e puxo en valor a súa traxectoria anterior na comisaría provincial da Policía Nacional
Os avances tecnolóxicos e a concienciación da poboación contribúen á terceira cifra de chamadas máis baixa dos últimos vinte anos no 112 Galicia
Das máis de 233.200 incidencias xestionadas en 2024 destaca o aumento nas producidas en vías de circulación
O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de Ourense aproba o primeiro convenio colectivo e a modificación da relación de postos de traballo
Na xuntanza da entidade celebrada esta mañá participou por parte do Goberno galego o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, en calidade de vicepresidente do organismo