Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Forestal:

08/10/2025 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural

A Xunta asumirá o custo dos traballos de desescombro de San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras

Manuel Pardo reiterou o compromiso da Xunta no financiamento das tarefas de desescombro tanto das vivendas como dos espazos públicos damnificados polos lumes

07/10/2025 | 20:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o valor estratéxico da madeira no eido construtivo no marco da XXII Semana Internacional da Arquitectura 2025

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou en Madrid na inauguración da xornada Galicia. Arquitectura de proximidade, que tivo lugar na Casa de Galicia

03/10/2025 | 18:35 | C. do Medio Rural

Medio Rural e Fegamp avanzan nas propostas de mellora para a xestión da biomasa nas faixas secundarias

O director xeral de Defensa do Monte presidiu hoxe a comisión de seguimento do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais

03/10/2025 | 12:21 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma a súa aposta polo castiñeiro na procura dun monte ordenado, sostible e rendible

María José Gómez incidiu na defensa destas especies autóctonas e da xestión conxunta do monte, a diversificación de usos e a bioeconomía verde como principais piares do modelo forestal do Goberno galego

01/10/2025 | 14:23 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que as obras de rehabilitación do Pazo de Lourizán poderían comezar a finais do ano 2026 a pesar da complexidade dos traballos

Se se cumpren os prazos previstos, tendo en conta que se trata dun “proxecto complexo”, di, “a finais do ano 2026 ou principios do 2027” as obras de rehabilitación do Pazo de Lourizán “poderían ser unha realidade”

29/09/2025 | 18:15 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio do concello lucense de Pantón, parroquia de Pombeiro

O lume iniciouse o 18 de setembro ás 14.16 horas e finalmente afectou unha superficie de 1.805 hectáreas, das cales 1.517 se corresponden con monte arborado e 288 con raso

29/09/2025 | 14:46 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural
26/09/2025 | 13:10 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o papel da divulgación na conservación da riqueza forestal de Galicia

A titular da Consellería explicou que as actuacións en marcha consisten fundamentalmente na creación e acondicionamento dun sendeiro que os visitantes poderán percorrer para coñecer todos os recursos que ofrecen as instalacións