Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 775 novas da área temática Transporte:

14/01/2025 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traslada ao concello de Santiago o informe favorable sobre a súa petición de ampliación de licenzas de taxi

O Goberno galego considera que o municipio acreditou de maneira axeitada o aumento da demanda polo que propuxo un incremento en 29 autorizacións co obxectivo de pasar das 144 actuais a 173

13/01/2025 | 10:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta designa o tribunal para as probas de aptitude profesional para exercer como condutor de transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada

Ao longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de vehículos: camión (C), autobús (D) e remolque (E)

10/01/2025 | 14:29 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca a posta en marcha da rede galega de aparcadoiros seguros para os e as transportistas, pioneira en España

Salienta que estas infraestruturas eran “moi demandadas” polo sector e que, entre os obxectivos, está promover “a incorporación da muller” a un sector moi masculinizado

10/01/2025 | 12:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía unha liña de autobús do IES Eduardo Pondal de Ponteceso con 16 paradas en Malpica de Bergantiños

Facilítase o acceso en transporte público ao alumnado de Malpica de Bergantiños matriculado nas ensinanzas non obrigatorias que se imparten no centro educativo

08/01/2025 | 14:52 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta consegue desbloquear os proxectos para mitigar o problema da falta de aparcamentos en Lugo

O delegado territorial mantivo esta mañá unha xuntanza coa alcaldesa do municipio, na que esta rectificou da proposta que previamente presentara para a construción dun novo aparcamento en Fontiñas

30/12/2024 | 11:46 | A Presidencia da Xunta

A Xunta activa o 1 de xaneiro a nova concesión de autobús entre A Coruña, Lugo e A Mariña coa primeira ‘Liña Conecta’ entre as cidades

A nova liña directa terá 92 servizos máis á semana e rebaixa a duración das viaxes entre A Coruña e Lugo a pouco máis dunha hora

29/12/2024 | 09:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta lembra que aínda se poden solicitar axudas do Moves III para instalar cargadores eléctricos

O prazo de solicitude destes apoios estará aberto ata o vindeiro mes de xuño

28/12/2024 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta o nulo avance do Corredor Atlántico en Galicia

Tras o comunicado emitido polo Ministerio de Transportes asegurando que avanza “a velocidade de cruceiro, mobilizando cifras récord”

23/12/2024 | 12:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 5.000 persoas benefícianse das axudas da Xunta para mercar bicicletas eléctricas de pedaleo asistido e de man para cadeiras de rodas

O Goberno galego destinou 2,7 millóns de euros ao programa EBici desde o seu comezo en 2022 ata o pasado novembro, data na que se pechou a última convocatoria

20/12/2024 | 12:07 | A Presidencia da Xunta

A Xunta e o Concello de Ribeira acordan manter ata 2028 as bonificacións nas viaxes en autobús dentro do municipio

Prorrógase por catro anos o convenio que aplica unha rebaixa de 50 céntimos en todas as viaxes internas e descontos sociais adicionais a estudantes, pensionistas e persoas en situación de emerxencia social do municipio