Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural celebra a primeira reunión para a posta en marcha do Observatorio de prezos de Galicia
O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria presidiu hoxe esta xuntanza para desenvolver este instrumento, enmarcado no paquete de medidas proposto pola Xunta para protexer o sector primario ante as implicacións do acordo UE-Mercosur
Medio Rural favorece a promoción dos produtos agroalimentarios con selo de calidade na XVII edición de 'Santiago (é)Tapas'
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na inauguración deste certame gastronómico, que promove o coñecemento destas elaboracións entre consumidores e profesionais da hostalaría
A Xunta pon en valor o crecente papel do turismo no desenvolvemento económico do rural
A conselleira do Medio Rural e o director da Axencia Turismo de Galicia visitaron o aloxamento Espazo Nature Retreat, beneficiario das axudas do programa Leader convocadas pola Consellería
Medio Rural enxalza a calidade dos queixos amparados pola Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, visitou hoxe as instalacións da queixería Prestes, en Vilalba, que foi premiada cun ouro na Cata dos Queixos de 2025
Medio Rural aproba as modificacións do prego de condicións da IXP Vaca Gallega-Buey Gallego
Estes cambios refírense maioritariamente a cuestións técnicas relacionadas coa súa calidade e comercialización
Medio Rural beneficia a preto de 300 entidades que levarán a cabo actuacións de prevención fronte a incendios forestais nos montes
Estas axudas, dotadas cun orzamento de 5,4M€, buscan mitigar as consecuencias e impactos negativos que os lumes poidan ter sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes
Medio Rural promociona os produtos amparados polo selo de Artesanía Alimentaria na Festa do Caldo de Ósos
A conselleira María José Gómez asistiu hoxe á XXXIV edición deste evento que se celebra no concello de Taboada, que conta cunha exposición de gando de razas autóctonas e un mercado de produtos artesanais
Villaverde aborda no Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios temas de interese para o sector do mar de Galicia
Galicia traslada a súa preocupación sobre a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica de declarar a anguía especie en perigo de extinción e alerta do impacto socioeconómico que tería para o sector pesqueiro