A Xunta e o concello de Ribadeo colaboran a prol da formación e da promoción de produtos agoralimentarios de proximidade

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, para avaliar vías de colaboración en materia de promoción dos produtos agroalimentarios de proximidade, así como de accións formativas.

Cómpre salientar que, neste concello sitúase o Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias, que forma parte da rede da Consellería do Medio Rural para brindar formación no ámbito agrario ou forestal. Este curso 2025-2026 acadouse unha cifra de 566 estudantes matriculados, un 9 % máis con respecto ao anterior. Así mesmo, neste centro tamén se poden levar a cabo accións formativas de ámbito non regrado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/02/2026