Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 590 novas da área temática Cooperación:

08/11/2024 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta expón a súa política de vivenda no marco dun seminario organizado pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García, destacou que a vivenda é unha das prioridades da Xunta nos Orzamentos para 2025, triplicando os fondos destinados á construción de vivendas de promoción pública para alugueiro social

07/11/2024 | 21:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza os 40 anos do Centro Juan María de dedicación e apoio ás persoas con discapacidade en pro dunha sociedade máis xusta e inclusiva

Agradeceu o labor que leva a cabo a través do seu centro educativo, de día e ocupacional, así como do centro especial de emprego, os cales facilitan a autonomía, o desenvolvemento persoal e a integración laboral dos usuarios

07/11/2024 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

María M. Allegue destaca a aposta da Xunta polo uso das técnicas industrializadas na construción de vivenda pública sostible e de calidade

A conselleira incide no traballo que está a desenvolver o Goberno galego no reto desta lexislatura para duplicar o parque de vivenda pública ata as 4.000, e o desenvolvemento de solo para 25.000 máis, das cales 20.000 serán protexidas

07/11/2024 | 13:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta pola coordinación entre administracións para implantar novas políticas de Promoción da Igualdade

A directora xeral de Promoción da Igualdade inaugurou o 18º Plenario da rede de políticas de igualdade entre mulleres e homes

06/11/2024 | 09:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto dun cento de agrupacións de voluntarios de Protección Civil reciben material da Xunta este ano

Benefícianse da orde para a adxudicación de equipamentos de emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con estes colectivos

05/11/2024 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta suma o apoio da Asemblea Rexional e Local Euromediterránea ás mostras de solidariedade coas persoas afectadas pola DINA

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou na sesión en Xordania, onde se abordaron cuestións como a axenda estratéxica euromediterránea, a resiliencia hidrográfica, a loita contra o cambio climático e a transición enerxética ou o diálogo intercultural

04/11/2024 | 15:08 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta coordina o envío de douscentos profesionais, case un cento de vehículos e diverso material de emerxencias en apoio ás persoas afectadas pola catástrofe en Valencia

Alfonso Rueda agradece “a solidariedade de todos os galegos e o seu compromiso”, tanto dos cidadáns anónimos como dos profesionais “que voluntariamente se ofreceron” nuns momentos “nos que a súa axuda é especialmente necesaria”

04/11/2024 | 12:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a orde de axudas para financiar o servizo de comedor das escolas infantís de iniciativa social

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle as bases desta convocatoria, que conta cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros