Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 687 novas da área temática Transporte:

15/07/2024 | 18:39 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Concello de Viveiro valoran alternativas para mellorar a mobilidade no municipio

O delegado de Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa, María Loureiro, para avanzar nesta iniciativa

14/07/2024 | 09:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ as obras de reforzo do firme nas estradas PO-206 e PO-905 ao paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces

As intervencións permitirán o acondicionamento do firme en preto de 21 quilómetros destas vías autonómicas

13/07/2024 | 16:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará o luns as obras de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica do Val Miñor

Comeza a campaña de mellora de firmes na autoestrada AG-57 Vigo-Baiona, incluíndo o ramal AG-57N a Nigrán, e prolongaranse ata a semana do 5 de agosto

12/07/2024 | 10:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 167 novas axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías cun investimento de 741.600€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das subvencións outorgadas entre o 1 de abril e o 30 de xuño deste ano

11/07/2024 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca para o próximo 23 de xullo a Comisión Especial de Transporte Público en Vehículos de Turismo do Consello Galego de Transportes

O organismo analizará a petición do Concello de Santiago de Compostela de ampliar as licenzas de taxi na cidade compostelá

11/07/2024 | 10:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As axudas da Xunta para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías suman 70 beneficiarios no segundo trimestre deste ano

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación das concesións, que representan un importe superior a 1,6 millóns de euros

10/07/2024 | 21:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta
10/07/2024 | 10:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia as reivindicacións do sector ferroviario para trasladar ao Goberno central o reforzo dos servizos de tren de proximidade

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, atendeu as peticións trasladadas por representantes do sindicato CCOO-Galicia na provincia de Pontevedra, como xa ten reclamado a Xunta ao Executivo estatal  

09/07/2024 | 21:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha en verán servizos especiais de autobús para peregrinos e para acudir a zonas de praia, espazos naturais ou eventos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo en valor no Parlamento o Plan de Tranporte Público de Galicia que, con 140 M€ anuais, permite contar con tarifas económicas e bonificadas e ofrecer un servizo moderno e de calidade

08/07/2024 | 14:33 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta advirte de que a conexión de alta velocidade entre Galicia e Portugal demoraríase ata polo menos 2034 debido aos trámites que aínda quedan pendentes

Rueda salienta a necesidade de avanzar “en infraestruturas fundamentais” para garantir a conectividade co país veciño