Actualidade
Buscador de novas
Javier Arias subliña en Fitur o crecemento turístico da Mariña cunha proposta “sostible e respectuosa coa identidade local”
O delegado territorial de Lugo destacou o apoio da Xunta para consolidar este destino, que segue a incrementar tanto o número de viaxeiros como a duración das estadías
Galicia aposta na segunda xornada de Fitur 2026 pola promoción do turismo deportivo e a proposta termal Spa Pilgrimage vinculada ao Camiño de Santiago
A xornada do xoves completouse coa presentación de iniciativas como Fisterra, meta do cicloturismo europeo, como fin das rutas Eurovelo 1 e 3
A Xunta anima a descubrir Galicia a través do Camiño do litoral, deseñado para vertebrar de norte a sur a costa máis extensa de España
Dividido en 52 etapas que se estenderán ao longo de 1.300 km, o Goberno galego investirá preto de 2 M€ na execución das obras necesarias para lograr un trazado continuo, accesible e seguro e no deseño e instalación dunha sinalización unificada
María José Gómez destaca en Fitur a importancia do turismo e a gastronomía como dinamizadores do rural
A conselleira participou en varias presentacións e eventos de promoción desta riqueza, que enmarcou dentro de Galicia Calidade como “compromiso coa excelencia”
Manuel Pardo aposta por un turismo de calidade e sostible como é o do xeodestino Celanova – Serra do Xurés
O delegado territorial destacou que o coñecemento e a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico é unha necesidade da nosa sociedade para conseguir un desenvolvemento sostible
A Xunta destaca en Fitur a consolidación de Galicia como destino turístico privilexiado a través da práctica do surf
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na presentación ‘Galicia, destino WSL’ onde destacou a importancia da comunidade á hora de acoller cada ano tres probas oficiais do circuíto mundial desta modalidade deportiva
A Xunta centra a oferta turística para 2026 na eclipse total, o Camiño de Santiago e as propostas enogastronómicas repartidas por todo o territorio
O director de Turismo de Galicia participou en distintas presentacións, nas que estivo acompañado polos delegados da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; Lugo, Javier Arias; Ourense, Manuel Pardo e Vigo, Ana Ortiz
A Xunta constitúe a comisión interdepartamental de preparación e coordinación das actuacións relacionadas coa observación da eclipse do 12 de agosto
Diego Calvo presidiu a primeira sesión da comisión, na que participan representantes desta consellería e das de Medio Ambiente e Cambio Climático, Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Sanidade, así como da Axencia Turismo de Galicia