Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.932 novas da área temática Emprego:

01/10/2026 | 16:15 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Fabiola García reivindica a igualdade de xénero como motor de crecemento económico e xeración de oportunidades en Galicia

A conselleira destaca o apoio da Xunta ao talento feminino e ao emprendemento, con 5M€ anuais para impulsar proxectos empresariais de mulleres galegas

01/10/2026 | 15:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva neste mes de outubro a 27 os obradoiros duais de emprego en marcha na provincia da Coruña con 530 participantes e un investimento de máis de 13 M€

José González pon en valor o obradoiro dual ‘Reserva da Biosfera: Emprego Verde IV’ compartido por Abegondo, Bergondo, Carral, Oza-Cesuras, Paderne e Sada, con 20 participantes en senllas especialidades relacionadas co sector forestal e a construción

01/10/2026 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
30/09/2026 | 15:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inaugura en Ourense unha serie de xornadas orientadas a mellorar a empregabilidade a través de ferramentas prácticas de intelixencia artificial

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe na clausura da primeira xornada ‘CompetencIA’, que tivo lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO)

30/09/2026 | 13:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo clausura o Programa Integrado de Emprego de Ribeira no que participaron un cento de persoas desempregadas e que contou cun apoio da Xunta de 220.000€

A delegada sinalou a importancia de continuar reforzando este instrumento de apoio ao emprego e anunciou que a Xunta destina máis de 10 millóns de euros aos PIE en 2026-2027, co obxectivo de seguir mellorando a empregabilidade das persoas participantes e ampliar as súas oportunidades de acceso ao mercado laboral

29/09/2026 | 14:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Fundación Laboral da Construción impulsan cun piloto a formación e as oportunidades laborais no sector de 80 persoas desempregadas

José González salienta esta acción como exemplo de colaboración público-privada e agradece o labor da Fundación Laboral da Construción e dos municipios implicados, que son O Carballiño, Arteixo, Sanxenxo e Santiago de Compostela

28/09/2026 | 18:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa hoxe e mañá en Chantada un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou aos participantes no taller, que esgotou as prazas dispoñibles

28/09/2026 | 15:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda anuncia un plan de 45 M€ e 37 medidas para mellorar o benestar, a xestión das incapacidades temporais e impulsar o retorno saudable ao traballo

Salienta que “Galicia vai ser pioneira en España” ao poñer en marcha un plan destas características que incide “na prevención, na axilización de trámites no eido sanitario e na corresponsabilidade de traballadores e empresas”