Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.111 novas da área temática Territorio:

10/10/2026 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para humanizar a Praza Pedro Fernández, no concello de San Xoán de Río

Este contrato, adxudicado por un orzamento de 146.500 €, revitalizará este espazo para acadar un lugar de encontro para a veciñanza, ao atoparse na contorna o centro de saúde, a Casa do Concello, establecementos de hostalaría ou unha área deportiva

09/10/2026 | 17:08 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta prevé que a economía galega medre catro décimas máis do previsto hai un ano, cando se elaboraron os orzamentos vixentes

A estimación inicial de crecemento do 1,9 % do PIB para o 2026 revisouse á alza en xullo ata o 2,1 % e agora o IGE actualizado de novo ata o 2,3 %

09/10/2026 | 13:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 4,7 M€ as obras de construción de 28 vivendas de promoción pública no concello da Estrada

Adxudícanse as obras de construción de 28 novas vivendas públicas nunha parcela situada na avenida de Vigo, cedida polo Concello

07/10/2026 | 16:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga ao Concello de Ponteceso unha concesión de ocupación de 379 m2 para ampliar e rehabilitar o parque infantil do paseo fluvial

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve así, en menos dun ano, a solicitude municipal presentada para abordar a mellora, modernización e ampliación dun equipamento público xa existente e destinado a uso lúdico e recreativo

03/10/2026 | 13:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida o próximo curso a convocatoria de 250 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior tras ter concedido case 2.000 nunha década con máis de 18 M€

Ante as bolseiras e bolseiros deste curso 2026-2027, José González valora a iniciativa que promove mestrados nas tres universidades públicas para impulsar o retorno, a atracción de talento cualificado e o progreso demográfico e socioeconómico de Galicia

02/10/2026 | 15:07 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 86.000 euros para mellorar as infraestruturas rurais no concello de Ordes dentro da orde do Plan Camiña 25-26

Belen do Campo  comprobou hoxe o resultado da actuación levada a cabo de mellora do firme de do desvío a Castro ata o límite con Mesía