Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 716 novas da área temática Transporte:

10/05/2026 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta urxe ao Goberno a pasar “dos titulares” aos feitos respecto do Corredor Atlántico en Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destaca a falta de concreción de obras, prazos e investimentos do Plan Director do Corredor Atlántico e destaca as infraestruturas pendentes que fan inviables ás estimacións da análise do Ministerio de Transportes e Mobilidade 

08/05/2026 | 14:36 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pídelle a Aena esforzo investidor nos aeroportos galegos acorde coas necesidades da comunidade

A directora xeral de Mobilidade e o director de Turismo de Galicia participaron hoxe na reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia

04/05/2026 | 19:34 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca os avances na proposta do Goberno galego para captar novas rutas a través da promoción turística en orixe coa incorporación das deputacións provinciais da Coruña e Pontevedra

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes lembrou a proposta da Xunta, que supón sumar ao modelo de negocio un apoio institucional de 100.000 euros para promoción turística por cada nova ruta confirmada e cun máximo de dúas por aeroporto e ano

04/05/2026 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 1.470 axudas para a contratación de persoal asalariado como segunda persoa condutora e para o pago das pólizas de seguros no sector do taxi

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas subvencións coas que se pretende axudar ás persoas titulares de autorización de taxi a facer fronte ao incremento do prezo dos seguros e mellorar a prestación do servizo ante o aumento da demanda coa contratación de máis persoal

04/05/2026 | 10:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica a nova liña de axudas para a adquisición de vehículos adaptados dirixida a entidades de iniciativa social

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a medida, dotada con 500.000 euros e que ten como obxectivo facilitar a prestación de servizos a persoas dependentes ou con discapacidade

24/04/2026 | 11:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reclama avances no Corredor Atlántico e avanza a creación dunha Oficina Técnica do Ferrocarril

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración do XII Encontro de Enxeñería Civil Galicia-Norte de Portugal

23/04/2026 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña a necesidade de continuar reducindo a dependencia dos combustibles fósiles para avanzar nunha mobilidade eficiente

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou na Coruña na xornada Eficiencia e mobilidade sustentable: novos horizontes no transporte na que puxo en valor as iniciativas do Goberno galego neste eido

21/04/2026 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta alegacións ao abono único de transporte e denuncia falta de información e lealdade institucional do Goberno Central

O Goberno galego reclama nas alegacións que o avance neste programa do Executivo estatal respecte o reparto de competencias, garanta a sustentabilidade financeira dos sistemas de transporte autonómico e teña en conta as singularidades de cada territorio