Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.097 novas da área temática Vivenda:

26/06/2026 | 13:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apela no Carballiño á cobertura de vacantes e á fixación de poboación no rural a través das axudas á rehabilitación de vivendas para traballadores

José González anima a solicitar algunha das dúas liñas de achega dispoñibles —a primeira dirixida a empresas e a persoas físicas ou xurídicas, e a segunda a concellos— co gallo de dar unha nova vida á alta porcentaxe de vivendas baleiras na bisbarra

25/06/2026 | 16:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co Concello da Bola o convenio para humanizar o entorno de Santa Saia de Berredo

A actuación, que suporá un investimento total de algo máis de 260.000 euros, permitirá intervir nos lugares de Anxá e A Eirexa

25/06/2026 | 11:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinará á venda as 13 vivendas públicas da rúa das Devesas, en Pontevedra, cuxas obras licita por 2,5 M€

Allegue sinala que, no marco das novas medidas impulsadas pola Xunta para que máis familias poidan acceder á vivenda pública, o 30% dos fogares reservaranse a persoas entre 36 e 45 anos con fillos a cargo, ademais da reserva do 25% para menores de 36

24/06/2026 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta prevé aprobar o proxecto de rehabilitación do Pazo de Dona Urraca este ano e rematar as obras en 30 meses

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, aclara que os contratos recentemente asinados inclúen a dirección das obras e polo tanto fixan os prazos totais para a finalización dos traballos

23/06/2026 | 14:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Allegue pon en valor a humanización de Merelle en Trazo, ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, cun investimento de máis de 288.000€

A Xunta asumiu o 70% do orzamento e executou as obras, e o Concello aportou o 30% restante do financiamento

23/06/2026 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/06/2026 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a declaración da área de rehabilitación integral do núcleo de Oseiro, no concello de Arteixo

Esta nova ARI incorpora os asentamentos orixinais do Igrexario e Oseiro ata o lugar da Raña e a urbanización “Sol y Mar”, engadindo os espazos públicos que dan soporte á edificación e o viario antigo

21/06/2026 | 11:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,1 M€ as obras de rehabilitación de 6 vivendas para alugueiro accesible con preferencia a menores de 36 anos en Ribadeo

Habilitaranse tres inmobles situados nas rúas Bispo Veres 2 e 4 e Trinidade 32, adquiridos pola Xunta co obxectivo de recuperar patrimonio edificado, revitalizar o casco histórico e favorecer a chegada de novas familias

19/06/2026 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,5M€ a obra de transformación de locais sen uso en Narón e construír 14 novas vivendas de promoción pública

As vivendas serán o resultado da transformación de locais sen uso propiedade da Xunta e que ocupan a primeira planta dun inmoble emprazado na rúa Ponte Pielas