Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 309 novas da área temática Emerxencias:

01/04/2024 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña

O fenómeno adverso estará activo a partir da madrugada con ventos que poden acadar forza 8 e ondas de ata 5 metros na costa noroeste da provincia

27/03/2024 | 10:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as funcións que deben cumprir os controladores de acceso

25/03/2024 | 14:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
25/03/2024 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da Coruña e de Pontevedra

O fenómeno adverso estará activo a partir do mediodía de mañá con ventos que poden acadar forza 8 e ondas de ata 7 metros na costa da Coruña e Pontevedra e estenderase a partir da madrugada a todo o litoral galego

21/03/2024 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A mesa para a contratación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre celebrarase o próximo martes con ofertas para todos os lotes

Inicia o proceso de licitación da contratación das áreas da Coruña, Baixo Miño, Pontevedra, Salnés e Vigo por un valor estimado de 48.977.831,21€ para o período comprendido entre o 1 de xuño de 2024 e o 31 de maio de 2026

20/03/2024 | 12:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento dos GES de Lobios cun furgón de servizos varios e do de Maceda cun camión autobomba

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, participou na entrega do material

19/03/2024 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O director xeral de Emerxencias e Interior recibe a directora xeral de Protección Civil do Ministerio do Interior

O encontro entre Santiago Villanueva e Virginia Barcones permitiu abordar a posible colaboración entre ambas as institucións en materia de emerxencias

18/03/2024 | 10:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca a través da Agasp un novo proceso selectivo para cubrir 127 prazas de auxiliar de Policía Local en 32 concellos galegos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da oposición por quenda libre para a contratación das persoas que superen as probas en réxime laboral temporal ou formar parte da listaxe de reserva

18/03/2024 | 10:11 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 54 persoas por 35 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 15 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 17 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 40  chamadas por accidentes de tráfico

16/03/2024 | 16:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o traballo altruísta da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Mos no seu 30 aniversario

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no acto conmemorativo, no que se fixo balance da traxectoria deste servizo e un recoñecemento ás persoas voluntarias que o integran