Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo visitou hoxe a zona comercial do barrio de Monte Alto na Coruña coa Campaña Merca no teu Comercio
A delegada da Xunta puxo en valor unha das iniciativas da Xunta de Galicia, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, para dinamizar as vendas de proximidade.
A Xunta destina máis de 185.000 € á dinamización de catro centros comerciais abertos do Salnés
A liña de axudas conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros, dos cales preto de 900.000 quedarán nas asociacións da provincia de Pontevedra
A Xunta reforza o programa Investigo con 738.000 euros adicionais ás pequenas e medianas empresas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se materializa esta acción co fin de incrementar o seu impacto na contratación de mozos e mozas como investigadores, tecnólogos, persoal técnico e outros perfís especializados en I+D+i
Rueda anuncia que a Xunta ultima o lanzamento do Bono Peixe que estará dispoñible a partir do vindeiro 28 de xullo para a súa descarga
Resalta que o obxectivo é “incentivar o consumo” do peixe e marisco fresco galego, produtos que son sinónimo “de excelencia e calidade” por todo o mundo
A Xunta destaca a Feira de artesanía de Outeiro de Rei como motor de dinamización do rural
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou na inauguración deste evento que ofrecerá ao público a oportunidade de descubrir produtos de artesanía e alimentación, entre outras propostas
A Xunta destaca a Feira Corazón de Artesanía como emblema do talento de Galicia neste sector e o seu potencial na dinamización do territorio
José González subliñou que esta cita pon en valor os oficios artesáns e a promoción dos seus produtos incentivando a relación destes profesionais con empresas de distribución de produto e tendas co fin de impulsar este sector
Rueda salienta na Toxa o papel clave da diáspora galega como aliada estratéxica para o desenvolvemento económico de Galicia
Destaca que Galicia vive un momento especialmente atractivo, bo para o emprendemento e cunhas cifras de paro que seguen mellorando