Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.423 novas da área temática Medio ambiente:

30/12/2025 | 17:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 80.000 euros para a diminución da contaminación lumínica no concello da Cañiza

Os traballos consistiron na substitución das antigas luminarias por unhas máis modernas e adaptables, así como dos seus soportes, cableado e cadros eléctricos

30/12/2025 | 15:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a incorporación ao modelo Sogama da mancomunidade serra do Barbanza

A partir deste xoves, 1 de xaneiro, a empresa pública xestionará os refugallos domésticos recollidos pola mancomunidade, que actualmente presta este servizo a un total de nove concellos cunha poboación de algo máis de 87.000 habitantes

29/12/2025 | 17:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste preto de 150.000 euros na mellora do centro de recuperación de fauna silvestre de Cerdedo-Cotobade

O delegado territorial visitou o avance das obras de construción dun novo edificio de dúas plantas que permitirá aumentar o espazo de almacenamento

27/12/2025 | 11:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a valorización e o almacenamento de residuos da construción e demolición no concello de Muxía

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe autonómico e na documentación avaliada

26/12/2025 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de San Cristovo de Cea destinarán 1 M€ á mellora e posta en marcha da EDAR municipal

Ángeles Vázquez explica que esta actuación permitirá resolver as deficiencias técnicas que presenta a actual infraestrutura municipal, así como dotala de sistemas tecnolóxicos que garantan un funcionamento automatizado e eficiente

26/12/2025 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao Concello de Mondariz na adquisición dun camión destinado á recollida de residuos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe o municipio, que renovou o equipamento cunha achega de case 183.000 euros por parte do Goberno galego, o 70% do custo total

26/12/2025 | 14:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a Bandeira Verde de Galicia pon en valor a aposta do Concello de Touro pola protección da paisaxe e do medio ambiente

Enrique de Salvador lembra que a concesión deste recoñecemento dá visibilidade aos concellos como territorios responsables e comprometidos co impulso de diferentes tipos de accións e boas prácticas ambientais e paisaxísticas

25/12/2025 | 09:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental á delimitación de solo de núcleo rural de Valboa, no concello de Pantón, co fin de recuperar esta aldea abandonada

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna sempre que se cumpra cos condicionantes incluídos no documento

23/12/2025 | 14:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta leva ao mercado de Pontevedra a campaña para reducir o desperdicio alimentario durante o Nadal

A iniciativa consiste na entrega dunha culler de madeira na que se pode escanear un código QR que redirixe a unha web con receitas de aproveitamento

23/12/2025 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta financiará con ata 60.000 euros proxectos municipais para identificar e crear refuxios climáticos

Ángeles Vázquez explica que se trata da segunda convocatoria das axudas dirixidas a apoiar os concellos na posta en marcha en espazos urbanos e periurbanos de intervencións baseadas na natureza e no aproveitamento dos seus recursos para prever e adaptarse ao cambio climático