Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia outra promoción de vivendas públicas, 12 fogares na rúa Abdullah, na Coruña, cun investimento de 2,2 M€
A conselleira puxo en valor a “excepcional” aposta da Xunta pola vivenda na Coruña, con máis de 1.000 fogares de promoción pública en marcha e un investimento conxunto de preto de 200M€
O delegado da Xunta participa na presentación do concerto de Luz Casal, correspondente á última cita do ‘Festival Ou Yeah!’
O evento celebrarase o na cidade de Ourense o vindeiro 4 de outubro no Pazo dos Deportes Paco Paz, co patrocinio de Turismo de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo da Xunta
Román Rodríguez anima ao alumnado do primeiro itinerario integrado de FP a que lle saque o máximo rendemento a esta nova formación pioneira en Galicia
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visita os estudantes que se estrean nesta modalidade novidosa de Grao Básico Cociña e Restauración que se oferta no Centro Integrado de FP CIFP Compostela
A Xunta impulsa a proxección exterior de catro propostas galegas de música e danza na Fira Mediterrània de Manresa
De Ninghures e Unto Vello, no ámbito musical, e Fran Sieira Cía. de Danza con Caamaño & Ameixeiras e Colectivo Glovo, no escénico, participarán do 15 ao 18 de outubro neste mercado internacional especializado na raíz e na cultura popular
O programa 'Contigo no Camiño' da Xunta e a Cruz Vermella remata con máis de 6.000 asistencias sanitarias a peregrinos desde o seu comezo en 2021
O director de Turismo de Galicia participou na clausura do dispositivo deste ano que se veu desenvolvendo desde o pasado 13 de xullo
Fabiola García destaca que Galicia é a comunidade con mellores políticas de conciliación e corresponsabilidade
Explica que o obxectivo principal do Bono Concilia Familia é dar prioridade ás familias nas que os dous proxenitores traballan no momento en que os fillos acoden a un recurso de conciliación durante épocas non lectivas
A delegada da Xunta en Ferrol destaca o papel fundamental das casas do maior á hora de prestar unha atención de calidade e próxima nas zonas rurais
Lembra que o Goberno galego destina este ano máis de medio millón de euros para a creación de dez novas casas do maior na comunidade autónoma
A Xunta colabora coa Fundación Contemporánea para organizar en Santiago ‘Lo Mejor de la Cultura 2026’
A cita celebrarase o 28 de xaneiro e contará coa participación de representantes das institucións de todo o Estado