Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 527 novas da área temática Auga:

25/09/2023 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos nos concellos de Padrón e de Rois

Estes traballos están levándose a cabo en dous treitos interurbanos do río Sar, no río Santa Cecia, e nun río innominado, nunha lonxitude de máis de 8,6 km

20/09/2023 | 16:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos no concello de Valga

Os traballos estanse a desenvolver nos ríos Valga, Louro e un rego innominado ao seu paso polas parroquias de Xanza, Valga, Campaña, Cordeiro e Setecoros

20/09/2023 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca os proxectos Innovaugas 4.0 e Merlín como ferramentas para avanzar na modernización do ciclo da auga a través da innovación e a dixitalización

A Xunta, a través do programa Innovaugas 4.0, traballa para acadar a xestión integrada avanzada das augas e dar resposta a longo prazo ás diferentes demandas, en equilibrio co medio natural e atendendo a desafíos como o cambio climático

19/09/2023 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos ao seu paso polo concello de Pontevedra

As tarefas están a comezar polo río Gándara e continuarán polos treitos interurbanos dos ríos Rons e Cons

18/09/2023 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/09/2023 | 17:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Pazos de Borbén interésase pola opción que ofrece a lei do ciclo integral da auga para que sexa a Xunta quen xestione as infraestruturas hidráulicas municipais

A directora informou ao rexedor que para adherirse a este modelo, que é voluntario, o Concello debe presentar unha solicitude formal ante Augas de Galicia

14/09/2023 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe dúas ofertas para a dixitalización do rexistro de captacións de augas na demarcación Galicia-Costa

Esta actuación suporá un investimento de preto de 6,8 M€ e permitirá á entidade hidráulica da Xunta dispor dunha potente Plataforma tecnolóxica de apoio nas tramitacións relacionadas coa xestión da auga

11/09/2023 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/09/2023 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe as obras destinadas a reducir o risco de inundacións na desembocadura do río Groba en Sabarís, Baiona, cun investimento de case 545.000 €

Ethel Vázquez subliña que a mellora da drenaxe no Camiño das Monxas e Camiño Pouquena, dótaos de maior capacidade de desaugue e deixa aos veciños mellor preparados fronte ao risco de enchentes