Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 820 novas da área temática Xuventude:

09/08/2024 | 13:19 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta fomenta que a mocidade de máis de 18 anos participe en actividades de lecer saudable a través dos seus campamentos

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visita Aventuras en Cabana, que se celebra en Cabana de Bergantiños con persoas inscritas ata os 30 anos de idade

09/08/2024 | 12:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece este verán co ‘CulturON’ case 500 actividades culturais en 20 concellos da comarca de Santiago

A campaña estival do Goberno galego chega a 200 concellos con música, maxia, artes escénicas, exposicións, patrimonio ou bibliotecas, entre outras propostas

08/08/2024 | 14:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre o prazo para que entidades e concellos se adhiran ao ‘Xuventude Mentoring na Empresa’

A través do programa destínanse 1,5M€ para estadías formativas en empresas para a mocidade de 18 a 30 anos

08/08/2024 | 13:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca o campamento da Illa de San Simón como unha “oportunidade cultural”

A directora xeral de Xuventude visita as instalacións onde a mocidade está a desenvolver actividades que teñen que ver coa arte, a historia e o medio ambiente

07/08/2024 | 15:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en valor nos seus campamentos de verán o patrimonio cultural atesourado polas persoas maiores

A directora xeral de Xuventude visita en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) o campo de voluntariado Rural influencer, no que se reforzan as relacións interxeracionais

07/08/2024 | 11:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa 15 programas de emprego xuvenil en Galicia dos que se beneficiarán 240 mozos e mozas menores de 30 anos

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración resolveu recentemente a convocatoria de 2024 destas achegas, dotada con 6,6 millóns de euros

05/08/2024 | 13:29 | Axencia de Turismo de Galicia

A nova edición do Noia Harp Fest celébrase desde este xoves en Noia diversificando a oferta turística do verán

A 11º edición deste festival de arpa, que conta co apoio de Turismo de Galicia, celebrarase do 8 ao 10 de agosto en distintos espazos da vila coruñesa

02/08/2024 | 15:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses pon en valor a práctica de actividades en contacto coa natureza nos campamentos de verán

A directora xeral de Xuventude visita os participantes en iniciativas de Vilanova de Arousa, Fornelos de Montes e Mos