Actualidade
Buscador de novas
A Xunta habilita este luns unha liña de transporte que dará servizo ao alumnado do centro integrado de FP de cantería de Galicia
Incorpora unha parada no centro educativo, cun tempo estimado de viaxe de 13 minutos
A Xunta destaca o potencial da automoción galega e a necesidade de avanzar cara a unha mobilidade sostible
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na clausura da terceira edición do congreso ‘Automob Summit’ de Asime, onde explicou o compromiso do Goberno galego cos desprazamentos sostibles con iniciativas como a Estratexia Galega de Mobilidade ou o Plan de Transporte Público de Galicia
O servizo de transporte interurbano da Xunta na Coruña incorpora catro autobuses articulados
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comprobou o funcionamento dos novos vehículos da empresa Alsa, que incrementan nun 50% a capacidade de viaxeiros
A Xunta facilita o servizo de transporte adaptado ao alumnado de entidades da Coruña especializadas na atención á diversidade
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, formalizou hoxe os acordos con seis asociacións para cubrir os desprazamentos aos centros escolares e aos tratamentos que coincidan en horario lectivo
A Xunta comeza as obras da Intermodal de Lugo para dotar á cidade dunhas instalacións de transporte público modernas e accesibles
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou as obras, que empezaron esta semana e que se levan a cabo en coordinación coas da estación ferroviaria por parte de Adif
A Xunta impulsa un aparcadoiro disuasorio no concello de Oroso
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde Álex Doval asinaron o convenio para habilitar un espazo na alameda de Góis con máis de 80 prazas de aparcamento
A Xunta pon en valor a adaptación constante do plan de transporte público de Galicia ás melloras demandadas polas persoas usuarias
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo como exemplo a reestruturación levada a cabo este verán no corredor A Coruña-Mera-Sada con novas frecuencias para a veciñanza de Oleiros e Sada
A Xunta pon en marcha servizos especiais de autobús con motivo da romaría de Caión
Haberá frecuencias ao longo de toda a xornada con ida e volta para conectar A Coruña e Carballo co santuario de Caión
A Xunta incorpora desde o inicio do curso 10 paradas en Cabana de Bergantiños e Laxe no servizo de autobús do IES Eduardo Pondal de Ponteceso
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, informou aos rexedores de Cabana de Bergantiños e Laxe das melloras que se activan desde o próximo mércores nos horarios e paradas da liña de autobús
A Xunta agarda que a conexión ferroviaria Lugo-Santiago se materialice en tempo e non sexa un exemplo máis de demora e incumprimento por parte do estado con Galicia
O Goberno galego congratúlase da licitación do estudo previo para realizar esta mellora pero lamenta a falta de compromiso real coas necesidades galegas en mobilidade