Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.268 novas da área temática Medio ambiente:

02/10/2025 | 15:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta difunde o seu proxecto de impulsar unha aldea medioambiental saudable para dinamizar o rural de Galicia desde o Parque Natural do Xurés

A directora xeral de Patrimonio Natural expón en Madrid unha iniciativa innovadora para mostrar ao mundo a implicación dos pobos ante retos como o cambio climático  

02/10/2025 | 15:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Porto do Son

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

02/10/2025 | 12:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa unha actuación integral no estuario do río Miño para mellorar a resiliencia climática e a paisaxe da zona dentro do proxecto europeo Green Gap

Cun investimento de preto de 200.000 €, os labores comezaron fai un ano e actuouse sobre uns 14.000 m2 nos concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda

02/10/2025 | 12:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de protección fluvial para previr arrastres en 2,5 km en ríos de Barreiros

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante cinco xornadas e están enmarcadas nas actuacións de carácter especial por mor dos incendios

01/10/2025 | 17:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Outes colaborarán para facilitar a recollida selectiva dos residuos urbanos

Ángeles Vázquez solicitará a Ecoembes que subministre colectores amarelos e azuis ao municipio e anima ao Goberno local a pedir as axudas autonómicas para a implantación do quinto contedor, destinado ao depósito da fracción orgánica

01/10/2025 | 17:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Vilanova de Arousa avanzan na renovación da impulsión á EDAR de Tragove tras asumir Galicia a xestión do seu litoral

Ángeles Vázquez traslada ao rexedor que Augas de Galicia prevé que estea concluída a tramitación do proxecto a vindeira semana, dando así solución á situación actual

01/10/2025 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia o reparto aéreo de 60 toneladas de palla para alimentar á fauna silvestre afectada polo lume

Marisol Díaz explica que un helicóptero se encargará da distribución de pacas de ata 200 quilos nas zonas de difícil acceso para garantir unha fonte alimenticia de cara a este outono para os animais destas contornas

01/10/2025 | 12:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor a importancia da investigación para afrontar os retos do quecemento global e avanzar cara ao obxectivo da neutralidade climática

Ángeles Vázquez convida aos responsables de Cretus a formar parte do futuro Foro de Acción Climática, órgano colexiado de participación previsto na Lei do clima

01/10/2025 | 12:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta autoriza unha planta de valorización para unha empresa de reparación e venda de redes de pesca usadas en Boiro

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

30/09/2025 | 19:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta advirte de que Galicia pode perder 2.000 M€ do Fondo social para o clima pola inacción do Goberno central e diríxese a Europa para solicitar información

Ángeles Vázquez anima aos concellos lucenses con infraestruturas públicas danadas polo lume en espazos protexidos a pedir as axudas da Xunta e subliña que o prazo para optar a calquera das subvencións polos danos dos incendios se amplía ao 30 de outubro