Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.332 novas da área temática Comercio:

07/09/2025 | 11:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta fomenta a divulgación da olería tradicional de Buño na I Cocedura Tradicional Aberta

Esta fin de semana celébrase en Buño a cocedura tradicional de pezas de olería no Forno do Forte que, por primeira vez, está aberta a outros ceramistas e afeccionados

07/09/2025 | 10:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima en Lugo a presentarse aos Premios do Comercio Galego 2025 polo seu compromiso co recoñecemento dos profesionais do sector

José González recordou que os establecementos interesados en optar aos premios poden presentar as súas candidaturas ata o próximo 26 de setembro

06/09/2025 | 15:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega na Cañiza os premios da sexta campaña do programa 'Merca no teu comercio' en Pontevedra co gallo de impulsar o comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto que —ademais da Cañiza— implica os concellos de Covelo e Crecente

06/09/2025 | 15:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/09/2025 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza en Ourense a atención directa á cidadanía afectada polos lumes e subliña as axudas abertas para o tecido autónomo e empresarial

José González explicou que o de Verín é un dos 11 puntos de atención dispoñibles en Ourense que ofrecen asistencia presencial co obxectivo de estar preto da cidadanía e garantir un apoio rápido, áxil e eficaz

05/09/2025 | 11:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta beneficiou coas axudas deste ano para apoiar a dixitalización, innovación e sustentabilidade case o dobre de comercios e obradoiros artesáns ca en 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, compareceu hoxe no Parlamento para facer balance destas axudas unificadas, poñendo de relevo que case se duplicou tamén o investimento con respecto ao ano pasado, roldando os 4 M€

03/09/2025 | 20:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apela á colaboración público-privada e á implicación cidadá para fortalecer o comercio pontevedrés e os seus 11.000 establecementos

No marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, José González incidiu na necesidade de apoiar accións como esta na que o adestrador do RC Celta de Vigo, Claudio Giráldez, é quen insta ao consumo local no anuncio que se vén de presentar

02/09/2025 | 13:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Chantada as xornadas ‘Entrelazar’ centradas no oficio da cestería e na relación entre material, territorio e creación contemporánea

A Fundación Artesanía de Galicia organiza a 3ª edición deste encontro que se celebrará os días 27 e 28 de setembro en San Cristovo de Mouricios