Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.831 novas da área temática Emprego:

07/03/2026 | 14:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza os 50 anos de traxectoria de ATRA e o seu labor de formación de talento no ámbito da reparación de vehículos

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou no acto conmemorativo do 50 aniversario da Asociación Autónoma de Empresarios de Talleres de Reparacións de Vehículos de Pontevedra (ATRA)

07/03/2026 | 11:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reivindica nos premios 10 de Marzo o diálogo social como motor de progreso e fortalecemento dos dereitos das persoas traballadoras

José González subliñou os valores de compromiso e responsabilidade social dos premiados este 2026: Samuel Kwesi, supervivente do Vila de Pitanxo, a maxistrada Paz Filgueira e o sindicalista Xosé Lamela

06/03/2026 | 19:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o liderado feminino no tecido empresarial da provincia de Ourense e anima a visibilizar ás profesionais de todos os sectores

O Goberno galego avoga por seguir reforzando o traballo co tecido social e co resto de administracións e institucións para continuar co avance na igualdade entre mulleres e homes 

06/03/2026 | 19:01 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza o programa Leader pola súa contribución á creación de emprego e ao asentamento de poboación no medio rural

A conselleira do Medio Rural visitou os apartamentos turísticos Casas da Fortaleza, en Outeiro de Rei, que contaron co apoio económico desta intervención

06/03/2026 | 16:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez esixe na conferencia sectorial de educación unha “solución inmediata” ao conflicto dos auxiliares de conversa

O conselleiro lamenta a “indefensión” que sofre Galicia e demanda á ministra de Educación que resolva o asunto coa ministra de Traballo porque, do contrario, “ambas serán as responsables de deixar abandonados a milleiros de alumnos”

06/03/2026 | 12:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta o primeiro portal autonómico de España para reforzar a prevención de riscos laborais con nanomateriais

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na presentación da nova web do Issga ‘Traballo seguro con nanomateriais’, orientado á transferencia de coñecemento e á prevención de riscos laborais asociados ao seu uso

06/03/2026 | 12:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Ifevi entrega á Xunta, ao concello de Vigo e á Zona Franca a nova valoración do recinto que reflicte resultados moi similares á anterior avaliación

Tras trasladar este novo documento —encargado polo propio Ifevi a unha empresa especializada independente tralo consenso das tres partes— a entidade convocaraas a unha nova reunión para seguir dando pasos na potenciación do recinto

06/03/2026 | 11:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o seu modelo pioneiro de formación para o emprego baseado na flexibilidade e na adaptación ás necesidades reais das empresas

Dentro da renovación integral das políticas activas de emprego, José González destacou o redeseño das principais ordes formativas, como a de AFD (40 M€) e o ‘Galicia Suma Talento: formación persoas ocupadas’ (10,6 M€), ambas abertas