Actualidade
Buscador de novas
Máis de 1.000 persoas traballadoras de preto de 100 empresas benefícianse das microformacións apoiadas pola Xunta na última edición do Bono Talento Empresa
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se dá publicidade ás axudas concedidas desta iniciativa para realizar formacións non regradas de curta duración e á carta de cada empresa
Rueda viaxará á Arxentina e o Uruguai para apoiar as empresas galegas na captación de talento exterior e reforzar as relacións institucionais con estes países
Asistirá a unha das feiras de emprego organizadas pola Xunta dentro do seu plan para favorecer a atracción de persoas traballadoras cualificadas, co foco nos galegos da diáspora que desexan retornar
A Xunta convoca bolsas para que 300 docentes melloren idiomas no estranxeiro a través do programa Galemundo
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de marzo
A Xunta de Galicia apoia un proxecto baseado en intelixencia artificial para acelerar a curación de feridas crónicas do Centro Tecnolóxico Gradiant
O obxectivo desta iniciativa é dotar aos profesionais sanitarios dunha ferramenta que mellore a toma de decisións clínicas e, así, a calidade de vida dos pacientes
Román Rodríguez avoga pola investigación educativa para adaptar o ensino aos cambios sociais
O conselleiro de Educación participa na presentación do libro ‘A investigación educativa en Galicia 2015-2024’, coordinado por Miguel A. Santos
A Xunta destaca a implicación da empresa Hijos de Rivera coa formación profesional galega
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez inaugura no Museo MEGA un dos cursos de alta especialización impulsados desde o Goberno galego para os docentes destas ensinanzas
O CSHG abre o venres o prazo de solicitude das bolsas para persoas galegas residentes no estranxeiro
Increméntase o número ata 22, das que 10 estarán destinadas ao Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e 12 bolsas ao Curso Superior de Chef de Cociña e Pastelería
A Xunta avanza na consolidación feminina en sectores tradicionalmente masculinizados a través de apoios e programas formativos
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou en Vigo na apertura dunha nova xornada do campus formativo en igualdade laboral