Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.268 novas da área temática Medio ambiente:

30/09/2025 | 14:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia a un cento de concellos con axudas destinadas á execución de actuacións para minimizar as perdas de auga nos seus territorios

Augas de Galicia ampliou ata 4,35 M€ o orzamento para axudar aos concellos a reducir as fugas mediante pequenas obras nas redes municipais

30/09/2025 | 14:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre a partir de mañá o prazo para que os concellos costeiros poidan pedir autorización para explotar servizos de tempada no seu litoral

Tras o traspaso a Galicia o pasado 1 de xullo das funcións e servizos para a xestión do litoral, esta é a primeira vez que o Goberno autonómico tramitará de forma directa este tipo de solicitudes na zona de dominio público marítimo-terrestre

30/09/2025 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta case duplica o número de raíñas de vespa velutina capturadas ata superar as 230.000 coa instalación de máis de 18.500 trampas en toda Galicia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou que o número de avisos no teléfono 012 sobre a presenza desta especie reducíronse en case un 30% nos dous últimos anos en comparación co período 2020-2023 previo á posta en marcha do trampeo selectivo, controlado e xeolocalizado

30/09/2025 | 13:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o sector hostaleiro reparten 60.000 envases reutilizables e 25.000 bolsas para separar residuos para contribuír á redución do desperdicio alimentario

Ángeles Vázquez subliña que a hostalería é unha pata fundamental para contribuír a que Galicia cumpra cos obxectivos establecidos pola UE neste eido de cara a 2030

30/09/2025 | 11:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta autoriza con condicións á ampliación dunha explotación leiteira no concello de Trazo

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que as actuacións teñan efectos significativos adversos sobre a contorna sempre que se cumpra co fixado no propio informe ambiental e na documentación avaliada

29/09/2025 | 17:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta informa ao concello de Rairiz de Veiga das axudas que pon á disposición das entidades locais para mellorar as redes de abastecemento e de saneamento

Explica que, ao abeiro destes apoios, o concello podería financiar actuacións como a construción de depósitos de abastecemento en Fontefría e Forxás ou as melloras do servizo na Venda e Sabariz

28/09/2025 | 10:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por más de 111.600 € a adquisición dun novo equipo para o laboratorio de Medio Ambiente de Galicia para análises automatizadas máis áxiles

O procedemento prevé o subministro, instalación e posta en marcha dun analizador de especies de carbono e nitróxeno total para o control de calidade das augas

27/09/2025 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 50.000 euros á posta en valor da contorna fluvial da área recreativa da presa, no concello de Frades

Ángeles Vázquez explica que esta intervención permitirá devolver a este espazo todo o seu valor ambiental e funcional, e favorecerá o uso responsable desta zona que é moi utilizada por veciñanza e visitantes para desfrutar do seu tempo de lecer

26/09/2025 | 15:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A delegada da Xunta en Ferrol comproba nas Somozas a evolución da construción da planta de revalorización de residuos de Valogreene Recinor

Martina Aneiros destacou que con proxectos coma este Galicia reforma a súa aposta pola economía circular ao tempo que mellora a competitividade do tecido produtivo e impulsa a xeración e consolidación do emprego

26/09/2025 | 15:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca a crecente implicación das empresas na Alianza Galega polo Clima para lograr unha comunidade máis sostible e con menos emisións

Ángeles Vázquez afirma que facer unha Galicia verde e sostible precisa de políticas que teñan en conta ás persoas e aos axentes sociais e económicos