Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inviste máis de 900.000 € no concello de Monterrei en proxectos innovadores para o desenvolvemento sostible do rural
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou a aldea de Infesta, epicentro de varios proxectos piloto de mellora da eficiencia enerxética e xestión sostible do territorio para reducir o risco de incendios
A Xunta instalará nesta campaña 20.000 trampas para capturar raíñas en niños primarios no marco das medidas de choque fronte a vespa velutina
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou o éxito desta medida o ano pasado cando se puxo en marcha en modo de proba e permitiu reducir os avisos nun 46% coa captura de máis de 113.200 raíñas
A Xunta pon en valor na mesa estatal de directores xerais de comercio o compromiso prioritario co sector que se reforzará a través do futuro plan estratéxico
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na mesa de directores xerais de comercio das diferentes CCAA organizada polo Ministerio de Economía, Industria e Empresa no marco do Congreso de Comercio de Canarias
Medio Rural entregará seis máquinas hidrostáticas polivalentes ao SPIF e a catro mancomunidades municipais da provincia de Ourense
A titular do departamento explicou que se trata de vehículos deseñados pola propia Dirección Xeral de Defensa do Monte e que poden realizar tanto traballos preventivos como de extinción
A Xunta adxudica por preto de 3 M€ as obras de reforzo do firme de 5 estradas en 11 concellos da área de Pontevedra e da comarca do Salnés
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia