Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.794 novas da área temática Economía:

16/06/2025 | 15:44 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a activación da liña de préstamos de ata 1 M€ por empresa para apoiar as compañías galegas afectadas polos aranceis dos Estados Unidos

Os créditos permitirán financiar circulante a longo prazo, cun período de carencia de ata catro anos, o dobre do habitual, para reforzar a posición das exportadoras galegas ante as novas barreiras comerciais

14/06/2025 | 13:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o compromiso do obradoiro Logaro co futuro da artesanía téxtil e a preservación das materias primas autóctonas galegas

José González puxo en valor que a creadora, que nos últimos anos está volcada fundamentalmente no eido do deseño, recolle o legado de diversas técnicas téxtiles, algunhas en desuso, cunha gran aposta pola creatividade e a vangarda

14/06/2025 | 11:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa na primeira xornada da nova edición do ‘Maker Faire Galicia’ dentro da aposta estratéxica en prol do emprendremento

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe en Santiago de Compostela na primeira das xornadas temáticas da undécima edición deste evento de referencia en innovación, creatividade e tecnoloxía

13/06/2025 | 19:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta defende a colaboración co Corpo Consular para potenciar as relacións internacionais de Galicia e o retorno das persoas galegas do exterior

José González puxo de relevo o importante traballo que realizan os consulados para facilitar o arraigamento das persoas galegas do exterior que deciden retornar á comunidade e dos cidadáns estranxeiros en Galicia

13/06/2025 | 14:09 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a boa acollida que está a ter a liña de préstamos para empresas, con preto de 900 solicitudes ata o momento

A convocatoria deste ano, que o Instituto Económico de Galicia (Igape) ten aberta ata o vindeiro 30 de setembro, pasa dos 17,5 millóns de euros do orzamento que tivo en 2024 ata os 19 millóns de euros

12/06/2025 | 11:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo talento e a formación directiva para liderar a economía dixital desde Galicia

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa nunha nova xornada do programa Capacita Directivos centrada na economía amarela e a transformación dixital

11/06/2025 | 18:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña que os certificados de aforro enerxético supoñen unha oportunidade para acelerar a descarbonización e a competitividade das empresas

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participan na xornada Tecnoloxía e avances no Mercado CAE