Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 888 novas da área temática Emerxencias e interior:

19/09/2024 | 14:40 | C. de Sanidade

A Xunta fai unha serie de recomendacións á cidadanía por mor da chegada do fume dos incendios que afectan a Portugal

Deberase evitar a práctica de actividades ao aire libre, sobre todo exercicio intenso, e pechar as portas e fiestras para evitar a entrada de po nos domicilios

18/09/2024 | 20:43 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19.45 h. de hoxe

Activo de novo o incendio forestal do municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, e estabilizado o outro lume deste concello, localizado na parroquia de Barxa

18/09/2024 | 09:13 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08.30 h. de hoxe

Activo un lume no municipio ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

16/09/2024 | 16:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo participa no simulacro de incendio do edificio administrativo da Xunta na Coruña que mobilizou a bombeiros, policía local e autonómica

Foron evacuados máis de 500 persoas entre traballadores e os cidadáns que acudiron esta mañá a realizar algún trámite

16/09/2024 | 15:54 | A Presidencia da Xunta

A Policía Autonómica e a UIFO esclarecen un incendio forestal en Padrón

O lume orixinouse nunha fumeira que carecía de tapa superior para evitar a saída de faíscas incandescentes 

16/09/2024 | 15:48 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14.45 h. de hoxe

Activo un incendio forestal no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, que segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas de superficie afectada

16/09/2024 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O 061 de Galicia asistiu 91 persoas por 66 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 13 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 15 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 75 chamadas por accidentes de tráfico

16/09/2024 | 09:28 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8.45 h. de hoxe

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Laza, parroquia de Trez, que segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas de superficie afectada

16/09/2024 | 09:26 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás

O lume iniciouse ás 18.47 horas do pasado venres e finalmente afectou unha superficie de 62,34 hectáreas dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, das cales 58,34 correspóndense con monte raso e as 4 restantes con arborado

15/09/2024 | 12:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta súmase ao recoñecemento ao labor das agrupacións de voluntarios de Protección Civil no concello de Cangas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu ao acto de entrega de distincións a institucións e persoas que colaboran na Protección Civil no marco da celebración do patrón da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil